Xaneiro de 2014
 
 

27/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Concurso de méritos e reserva de postos
Publicada a convocatoria do concurso de méritos do PAS funcionarios vese, como en ocasións anteriores, a reserva de postos para o futuro:
2 Negociados: 1 vacante desde o ano pasado e outro desde o ano 2012, será que non hai funciorarios cualificados ou será que o reparto xa está feito e sobran 2, que non se nos cole ninguén.
Na última RPT aprobada creouse un posto A1 no Consello Social e tardaron pouco en adxudicalo. Era urxente.
Por certo si un funcionario da Universidade, con varias oposicións aprobadas e polo menos unha delas do grupo A2, non sabe facer nin a memoria dunha administración dun centro universitario é mellor non darlle a praza, tampouco saberá desenvolvela.

 

Concurso de pas funcionario e memorias
Comunica o xerente o día 21 despois de publicadas as bases de convocatoria do concurso no DOG, que as memorias xa non son necesarias para os postos de nivel 25 e fala de "falta de formación suficiente en metodoloxías de elaboración de proxectos de traballo.." e de que no próximo Plan de Formación (feito a medida) se faciliten as competencias necesarias na materia. Vamos quere dicir que o PAS agora É BURRO, non sabe facer unha memoria para un posto e elimínase da convocatoria. Si señor! "con dos cogones".
Claro que si non é capaz de elaborar a memoria para o posto malamente poderá desenvolvelo de xeito adecuado. QUE TROPA.
Por certo, a Xunta de Persoal bailándolle: "aprobará un novo plano que recolla preparación específica para elaboración de memorias".
A formación do resto do PAS é igual. ABRAIANTE. Estou pensando que están abducidos.

Deixar de tragar con todo
O presente laboral en España é moi escuro, e o futuro aínda pinta peor. Creo que ademais se abusou da crise para espremer e amedrentar os traballadores, e estendeuse iso de "mellor unha merda de traballo que sen traballo en absoluto" e ao final hai moita xente traballando sen contrato, sen seguro, sen horario, cobrando unha miseria... Pero aí seguimos, esperando a que as cousas cambien, sen decatarnos en nós mesmos de que o cambio tamén ten que estar, en deixar de tragar con todo.

Somos conscientes?
Chegamos a un punto en que un ten que preguntarse se a xente é verdadeiramente consciente de moitas cousas. Os mozos, se realmente se decatan de que os están a deixar sen futuro ningún e sen presente. E que irse ao estranxeiro a traballar ou a buscarse a vida non é precisamente ir a ver mundo como algúns políticos canallas nos din. E os demais?. Realmente somos conscientes de todo o que nos están a quitar para sempre?. Se o fósemos pelexariamos máis. E seriamos moito máis conscientes da importancia que ten o noso voto. Que ao depositalo, ou ao quedar na casa, estamos a poñer toda a nosa vida en mans de alguén, e isto non é como para tomalo a broma. Por iso, cada vez que oio a algúns dicir que todos os políticos son todos iguais, que non paga a pena votar, que se vaian todos á merda, dáme a impresión de que non aprendemos nada. Porque se algo me ensinou a min esta crise-estafa, é que a política é moito máis importante do que sempre crin, que controla a miña vida e pode facela mellor ou convertela nun inferno. E ante algo así, non podo permanecer indiferente. Podo pelexar na rúa e podo votar sendo consciente da importancia do meu voto. O que non podo a estas alturas é pasar, ignorando aos que protestan na rúa e regalando o meu voto ao gañador, sexa quen sexa, coa miña abstención. A irresponsabilidade, o pasotismo e mesmo o desengano, por duro que sexa, non van facerme quedar na casa. Xógome demasiado. Que demos, xógamo todo.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript