Xaneiro de 2014
 
 

27/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Acción social. Reunión da “mesa de traballo”

O venres pasado, día 24, realizouse a primeira reunión da” mesa de traballo” que, se as cousas non cambian, encargarase de liquidar a acción social.

 

  • Noticias relacionadas

 

O equipo de goberno da universidade xa lle puxo data de caducidade ao seguro médico (ADESLAS), fixando a baixa preventiva do mesmo para o día 28 de febreiro. @s negociador@s saben que os acordos teñen que realizarse antes desa data. Pouco lle custaba á universidade intentar un acordo sen esa lousa pero xa iniciou as reunións con ese condicionante.
 
A eliminación da asignación do seguro médico implica a desaparición das axudas alternativas polas que unha parte do PAS optara.
 
Mentres que as outras universidades galegas seguen a manter a partida de acción social dotada con importantes cantidades, 900.000€ no caso da USC e 605.000€ no caso da UVigo (dos que 235.000€ están destinados ao plan de pensións), o equipo de goberno da Universidade da Coruña recortou a partida destinada a acción social que pasa de 654.045,75 € (ano 2013)  a 490.000,00 € (ano 2014). Se ben na Universidade de Compostela non ten variación respecto de anos anteriores, ao estar prorrogados os orzamentos, a Universidade de Vigo incrementou as cantidades dedicadas a este capítulo.
 
Temos que sinalar, tamén, que a partida de formación do PAS está dotada con 175.000€ na USC e con 195.000€ no caso da UVIgo. Na Universidade da Coruña na que xa no ano 2013 sufrira un importante recorte, no ano 2014 recórtase aínda máis, pasando de 100.000€ a 70.000€.
 
Onde recorta o equipo de goberno da UDC?. Está claro nos capítulos que afectan dun xeito importante ao PAS. Sabemos que as cantidades até agora destinadas a acción social non son importantes dentro dun orzamento global como o que manexa a UDC, por este mesmo feito debería ser posible asumilas. O que se detrae do recorte realizado pola nosa universidade é, precisamente, o afán de recortar nas partidas máis sensibles para o colectivo de PAS.
 
Volvendo ao capítulo da acción social da UDC, dotado, como dixemos, con 490.000€ temos que sinalar que a esta cantidade, segundo o que se nos transmitiu do tratado na reunión do día 24, hai que restar o correspondente á matrícula gratuíta e as cantidades asignadas a cubrir a gardería, na reunión, tamén se nos indicou que se falou expresamente, que, ese orzamento inicial quedaría reducido aténdose ás contas presentadas (tampouco eran reais) a uns 100.000 euros a repartir entre os colectivos de PDI e PAS, de se confirmar estas cantidades, deixa o equipo de goberno para esa mesa o reparto das migallas.
 
O noso sindicato quere deixar claro que:

·         Os sindicatos presentes na pseudonegociación represéntanse só a eles mesmos, en concreto aos seus afiliados e afiliadas.

·         Os únicos órganos do PAS lexitimados para acordar coa empresa son, por un lado o Comité de Empresa de PAS laboral e a Xunta de PAS funcionario.

·         O PAS laboral, debido á irresponsable actuación dos sindicatos que até o día 8 de xaneiro o conformaban, non ten, neste momento, representación que lle permita ter voz coa que rexeitar a medida que se lle quere impoñer.

·         Ao día seguinte da realización das eleccións sindicais que convocamos para o PAS laboral, e, de saír elixidos os nos@s candidat@s, no caso de se levar a efecto a transgresión do Convenio Colectivo que o recorte anunciado suporía, entaboaremos o pertinente Conflito Colectivo.
Non nos tranquiliza o sinalado pola Xerencia na reunión do día 24 ao dicir referíndose ao Convenio Colectivo que “ninguén dixo que non se ía cumprir”. NON NOS FIAMOS.

·         Sinalar, de novo, que os recortes non só se levarán por diante o seguro médico senón que incidirán, tamén, directamente na formación do PAS ao darlle unha nova e importante tallada a esta partida.

 
Polo tanto non aceptamos os interlocutores nin aceptaremos o resultado dunha “mesa de traballo” coa que a Xerencia e o equipo de goberno queren lexitimar os recortes.
 
Non aceptamos ningún recorte na acción social!!

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript