Xaneiro de 2014
 
 

27/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  LEI DO ABORTO
 

Manifesto contra a nova lei do aborto

Esiximos que a saúde sexual e reprodutiva volva rexerse pola actual lei de prazos, que respecta os dereitos das mulleres.

 

  • Noticias relacionadas

 

As abaixo asinantes, profesionais do mundo académico, da cultura e as artes, ante a ameaza que para a nosa dignidade supoñería a aprobación polas Cortes do Anteproxecto de lei do aborto presentada polo ministro de xustiza Alberto Ruiz-Gallardón, queremos declarar o seguinte:
 
Como mulleres libres, cidadás de pleno dereito nun país democrático e aconfesional que programaticamente se rexe por principios constitucionais e non ideolóxicos, esiximos ao goberno da nación que retire o Anteproxecto de lei do aborto presentado polo ministro de xustiza Alberto Ruiz-Gallardón, por considerar que lesiona gravemente nosa soberanía sobre o noso corpo, a nosa capacidade de elixir libremente as decisións que afectan á maternidade e a nosa autonomía moral, base da dignidade e das liberdades persoais ás que ten dereito o ser humano nun estado de dereito.
 
Invocamos a liberdade de conciencia como único reitor das nosas decisións. Como mulleres libres, negámonos a aceptar unha maternidade forzada, e á intervención de calquera profesional ou instancia de poder na nosa decisión de ser ou non nais, intervención que subordina a nosa posición como suxeitos autónomos ao criterio doutros, converténdonos en menores de idade, e danando así a nosa independencia.
 
Ningunha maioría política nacida das urnas, por moi absoluta que sexa, ningunha crenza relixiosa, está lexitimada para converter os dereitos dos cidadáns e cidadás en delitos, impoñéndonos principios ideolóxicos particulares mediante a aplicación dunha sanción penal.
 
Por todo iso, esiximos que a saúde sexual e reprodutiva volva rexerse pola actual lei de prazos, que respecta os dereitos das mulleres aos que aquí aludimos e que demostrou a súa eficacia, e xerou consenso entre os cidadáns, dende que se promulgou ata hoxe.
 
Asinantes Do Manifesto Contra a Reforma da Lei Do Aborto by eldiario.es

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript