Xaneiro de 2014
 
 

20/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  SOS SANIDADE PÚBLICA
 

Pequena batalla gañada, menos copagos

Hoxe coñecemos pola prensa, que a Ministra de Sanidade Ana Mato renuncia a aplicar o repagamento para os productos dietéticos especias, as ortopróteses e o transporte sanitario non urxentes que estaban contemplados na Lei 16/2012.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os produtos dietoterápicos son imprescindibles para doentes con transtornos metabólicos complexos, as ortopróteses afectan a aquelas persoas que precisan dende una cadeira de rodas a unha perna ortopédica e o transporte sanitario non urxente afectaría principalmente aos doentes en díálise, rehabilitación ou quimio-radioterapia. Esta marcha atrás ten que ver con que o Consello de Contas presidido por Romay Becaría emitiu un informe cuestionando  que a implantación do sistema de cobro pode supor un custe superior a contía que se podería recadar. Sen embargo convén recordar que as eleccións europeas están próximas...ou que a aplicación destes repagos xerou preocupación na xente e fíxose unha ampla mobilización social.
 
Na Galiza o señor Feijoo xa viña aplicando parcialmente o repago de ortoprótese en canto a forma de pago, adiantando os cartos os doentes, pero non na cuantía a repagar que continúa a ser como máximo de 30 euros. ¿Podería o señor Feijoo explicar canto aforrou? Agardemos a ver agora que deciden facer ¿Seguirá o doente que adiantar os cartos?
 
Pese a esta batalla gañada, non queremos esquecer que temos aínda moitas máis por diante:
 

  • Recuperar a atención sanitaria universal tanto para inmigrantes como para emigrantes.
  • A retirada do repago para os productos farmaceúticos hospitalarios e que afectan a doentes con enfermidades graves ou crónicas
  • Frenar a reforma do aborto
  • A mellora da xestión das listas de espera real e non a través do financiamento oculto á sanidade privada que pretenden coa lei de garantías sanitarias de Galiza
  • A recuperación de servizos privatizados como os de suministros, e evitar o aumento dos mesmos como os de esterilización.
  • A mellora da Atención Primaria
  • Impedir que os novos centros hospitalarios ou de atención primaria se fagan e xestionen por empresas privadas (modelo FPI)
  • A revisión do actual modelo de macro áreas sanitarias
 
Como vedes son moitos frentes... Contamos con todos

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript