Xaneiro de 2014
 
 

20/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  • OPINIÓN - Javier Paniagua
 

Dereitos torcidos

Que dereitos humanos teñen as persoas paradas, as desafiuzadas, as que perciben a renda garantida de cidadanía, as que están nun ERE?.

 

  • Noticias relacionadas

 

Que dereitos humanos teñen as que deben emigrar a outro país e rebuscar un futuro profesional, as que non poden pagar as taxas universitarias, as que xa non perciben ningún tipo de axuda ou prestación?.
 
Que dereitos humanos teñen as persoas dependentes, as que foron enganadas coas preferentes?. Que dereitos humanos teñen as nenas e os nenos que a única comida que inxiren ao cabo do día é a do comedor escolar?.
 
Que dereitos humanos hai nun país que destrúe o Estado de Benestar?. Que dereitos humanos existen nun estado que só se preocupa da economía e non da ética e os valores?. Que dereitos humanos amparan un goberno que rescata os bancos e non as persoas?. Que dereitos humanos defende un goberno 'democrático' que coloca coitelas nas súas fronteiras?.
 
Que dereitos humanos temos si a educación pública é constantemente desprestixiada?. Que dereitos humanos teñen todos aqueles aos que amordazaron cunha hipoteca abusiva e ilegal?. Que dereitos humanos amparan un goberno que 'vende' a sanidade pública a unha banda de cascudas?.
 
Que dereitos humanos existen nas democracias que vulneran sen vergoña e escrúpulos a constitución?. Acaso, é a democracia unha forma de goberno que garante os dereitos humanos?.
 
Que dereitos humanos teñen os que non poden comprar comida e teñen que ir a un comedor social?, que dereitos humanos teñen os que só poden alimentarse cos produtos que lles entregan nun banco de alimentos?. Que dereitos humanos teñen as miles de familias que non poden acender en inverno a calefacción das súas casas?.
 
Fai como máis dun mes (10 de decembro) celebrábase en todo o mundo o Día de Dereitos Humanos. Conmemorábanse 20 anos dende que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamase este día mundial.
 
Entre outros argumentos, o preámbulo da Declaración Universal dos Dereitos Humanos di textualmente: "Considerando esencial que os dereitos humanos sexan protexidos por un réxime de Dereito, co fin de que o home non se vexa compelido ao supremo recurso da rebelión contra a tiranía e a opresión,".
 
E agora díganme Uds., si desmantelar paulatinamente o Estado de Benestar, botar á xente das súas casas, despedir miles de traballadores, empobrecer á cidadanía,... non son motivos máis que suficientes para provocar unha rebelión cidadá contra a opresión da casta política e a tiranía dos mercados, que clase de humanos nos gobernan e nos dirixen cara a un futuro sen dereitos?.
 
Cara onde miran as Nacións Unidas cando se vulneran constantemente o dereito á vivenda, á educación, á sanidade, ao traballo?. Será que a ONU tamén está formada por unha comunidade de cascudas.

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript