Xaneiro de 2014
 
 

20/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

A marca España
A verdadeira marca España é a dos señoritos, que non só se limitan a quedarse co pastel, senón que desprezan e maltratan ós que nin sequera chegan ás migallas. Esa marca que imprimen a ferro quente nos lombos dos traballadores. A marca dos que se se queixan son asediados brutalmente. A marca do cerrilismo dos cidadáns, máis que de orde, de ordeno e mando.

 

Aborto, Spain is diferent
Hai algunha xente, pouca estou seguro, que bota de menos a enorme placidez dos anos do franquismo, aquela época tan próxima aínda no tempo que custa despegar toda a caspa acumulada durante corenta anos. Esa xente, pouca como dicía, gobernan nas nosas institucións, nunca se foron delas, son os supernumerarios do Opus Dei, os Kikos, os Lexionarios de Cristo, persoas ben situadas socialmente, influentes economicamente, eles son os que pretenden dicirnos como temos que pensar, como temos que vivir. Para eles a muller non é máis que un mero obxecto para o que tiveron que facer un Concilio que determinase se era posuidora dunha alma. Agora non necesitan Concilio nin creo que o Papa Francisco o consentise, para decidir que o seu único obxectivo neste mundo é servir de fábrica de infantes, submisa esposa e abnegada serventa.
Claro que a ciencia avanza que é unha barbaridade, que se dicía daquela, e a ciencia avanzou tanto como a sociedade avanzou e creceu en seguridade e conviccións. Hoxe a muller deixou de ser un floreiro ou esa cousa que se usa e se tira, por máis que se empeñe Gallardón, Rouco Varela e a nai que os pariu.

Gamonal
O que está a pasar en Gamonal, pode servir como exemplo de algo que debería ser normal nunha democracia, a participación do pobo nas decisións que lle atinxen directamente, mais alá de que o seu voto quede cativo durante catro anos en mans dos que fan uso e abuso del. O triste é que haxa que utilizar a mobilización para deixarse oir, xa que non existen canles democráticas eficaces establecidas para tal fin. Precisamente por iso é lexítimo que a xente tome a rúa para manifestar o que pensa. Cando o estado nos ataca coas mesmas armas que lle entregamos para defender os nosos intereses, facendo caso omiso das nosas queixas, só queda xuntarse, saír á rúa e pelexar por eles

A violencia
Levan tantos anos lavándonos o cerebro coa palabra violencia que nos confundiron. Cando a defensa propia é violencia?. Quen exerce violencia de xeito ascendente e continuado? , quen está a expulsar, á forza, das súas vivendas ás persoas ?, quen deixou sen dereito á asistencia sanitaria ás persoas que non cotizaron o suficiente, a cidadáns que viñeron para mellorar as súas condicións de vida, a parados sen dereito a prestacións...quén impuxo o repagamento sanitario?, abandonando aos seus enfermos crónicos, aos seus anciáns..., quén decidiu impoñer o despedimento libre, contratos de merda, horarios e condicións de escravos na súa chamada "reforma laboral", quén son os corruptos que están a permitir o desfalco e desmantelamento da riqueza deste país?...tantos quén, que resultan innumerables. Se iso non é violencia sen medida, por favor que mo expliquen. Abonda xa, teriamos que estar tod@s nas rúas. Hai que botalos.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript