Xaneiro de 2014
 
 

20/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

O día 24 constitúese a Mesa de traballo para analizar como se fan os recortes da acción social

O pasado venres, día 17, o xerente convocou aos órganos de representación de PAS e PDI para constituír, o vindeiro venres día 24, unha Mesa de traballo conxunta na que se analizarán as prioridades que en materia de acción social do PAS e PDI se poderán atender cos créditos consignados no Orzamento da UDC para o ano 2014.

 

  • Noticias relacionadas

 

Como xa sabedes non todo o PAS estará representado nesa “Mesa”, o PAS laboral que carece de Comité de Empresa, non poderá sinalar as prioridades que entende deben ser atendidas mediante esta partida, preto de 90 traballadoras e traballadores non terán voz directa nesta negociación.
 
No correo enviado o xerente sinala que na reunión estarán presentes, por unha parte a Xerencia e Vicerreitorías competentes e por outra parte por dous representantes dos Sindicatos e Agrupacións electorais presentes nos respectivos órganos de representación.
 
Entendemos que, nunha cuestión tan importante, todas as sensibilidades e posibles alternativas deben estar presentes na “Mesa”, ben coas propostas e alternativas que emanen dos órganos de representación ou coa presenza na dita “Mesa” dunha representación proporcional ao número de representantes que cada sindicato e agrupación electoral teña nos órganos de representación.
 
O correo enviado parece ir na liña con frecuencia utiliza polo xerente, outorgándolles aos sindicatos que acadaron un número de representantes mínimo a representatividade que non lles deron as urnas. Iguala, deste xeito, a representación dos sindicatos e/ou agrupacións electorais independentemente do número de representantes que teñan nos órganos de representación. Dáse, deste xeito,.o paradoxo de que sindicatos que na Xunta de Persoal teñen un único representante, segundo se indica na convocatoria, poderán asistir con dous representantes tendo a mesma representatividade que sindicatos e/ou agrupación electoral que ten catro veces máis representantes.
 
Todo atado e ben atado?.
 
Como vos sinalamos,  faremos chegar aínda que de xeito indirecto as nosas propostas a esa “Mesa” e, como xa indicamos noutros comunicados, non aceptaremos ningún recorte neste capítulo nin calquera decisión que perverta o establecido no Convenio Colectivo de PAS laboral. Estamos fartos de recortes. Non aceptaremos ningún acordo que elimine ou reduza os dereitos do PAS.
 
Seguiremos informando.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript