Xaneiro de 2014
 
 

20/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  SERGAS
 

Privatización do servizo de esterilización

O PP, empéñase en rematar co pouco que queda do estado de benestar, onde o capital atopa un nicho de negocio o poder político apresúrase a normativizar a súa privatización, isto ocorre agora no SERGAS co servizo de esterilización dos centros hospitalarios.

 

  • Noticias relacionadas

 

A contratación, feita pola porta de atrás, publicouse no Diario Oficial da Unión Europea e ascende a 132 millóns de euros, máis IVE.
 
Feijoo, abandeirado da política privatizadora imposta polos “mercados” fai todo o que está nas súas mans para acabar co dereito á saúde das galegas e galegos, aos copagos, o peche de plantas nos hospitais, a derivación de pacientes á sanidade privada… xuntase a práctica destas medidas de privatización directa de servizos, servizos que, como no caso da esterilización, contan cos certificados de calidade que garanten a súa eficiencia e resultan moito máis baratos que a privatización anunciada.
 
Esiximos a paralización inmediata do proceso de contratación!.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript