Xaneiro de 2014
 
 

20/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACCIDENTE DE ANGROIS
 

Unha mentira máis do PP

A ministra de Fomento, Ana Pastor, negou ante o Parlamento a existencia de aviso previo sobre a fatídica curva na que morreron 79 persoas en xullo de 2013, agora, segundo informacións publicadas na prensa sabemos que o xefe de maquinistas alertou da curva de Angrois meses antes de que se producise o accidente do tren Alvia.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Trátase dun documento achegado na causa que demostra que un xefe de maquinistas de Ourense enviou en decembro de 2011 ao seu superior, o xefe de Produción e Medios da Xerencia de Mercado Norte de Renfe, un informe no que alertaba de "anomalías" na nova liña de alta velocidade Santiago-Ourense.
 
Non só a ministra mentiu, na comparecencia dos presidentes de ADIF e RENFE, desmentiron calquera advertencia sobre a curva.
 
Os familiares, amigos dos mortos e feridos, a sociedade xa non cremos a “verdade oficial” e reclamamos a dimisión da ministra, o esclarecemento dos feitos e a toma das medidas necesarias para que nunca máis se produza un accidente desta magnitude.
 
Por un ferrocarril, público, social e seguro.

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript