Xaneiro de 2014
 
 

20/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  SOCIEDADE
 

Políticas capitalistas debuxan mapa de pobreza en Europa

O aumento do desemprego e o desmantelamento dos servizos públicos en Europa debido ás medidas capitalistas aplicadas pola maioría dos países da Unión Europea debuxou un novo mapa da pobreza na rexión.

 

  • Noticias relacionadas

 

A máis de cinco anos do comezo da gran recesión do século XXI, Europa exhibe un novo mapa da pobreza. É así como Grecia vive "ao bordo dunha catástrofe humanitaria", España ten tres millóns de persoas que sobreviven con ingresos mensuais de menos de 307 euros (417 dólares), o 18 por cento da poboación de Portugal está por debaixo da liña da pobreza, e en países fundadores do proxecto paneuropeo como Italia, o número de pobres duplicouse entre 2007 e 2012.
 
En Alemaña case oito millóns de persoas sobreviven cuns 450 euros (611 dólares) mensuais de salario e en Reino Unido, os bancos de alimentos -administrados por organizacións caritativas- multiplicáronse por 20.
 
A directora de Oxfam Internacional, Natalia Alonso, sinalou que "hai un novo mapa da pobreza como consecuencia das medidas neoliberais. Dende o aumento do desemprego ata o desaloxo e o desmantelamento dos servizos públicos están a contribuír a este novo panorama".
 
Pola súa banda, o director da Trussel Trust, Chris Mould, sinalou que a xente que recorre aos bancos de alimentos, cada vez máis populares en Europa, "é xente que ten que elixir entre comer e prender a calefacción; xente que come unha vez ao día; pais que apenas comen para alimentar os seus fillos. Moitas veces un esquécese do doado que é caer nesa situación".
 
Mould agregou que "a perda de emprego, unha conta moi alta de electricidade, unha redución dos beneficios sociais, dramas familiares e unha persoa queda con pouco ou nada. A isto súmanse salarios baixos, empregos temporais ou de medio tempo que fai que a xente entre e salga de situacións de extrema necesidade" se suman aos dramas europeos.
 
En Reino Unido unha crecente porcentaxe da poboación sobrevive ao eterno e duro inverno británico sen calefacción, porque non poden facer fronte ás contas.
 
Segundo o último informe da Intermón Oxfam titulado "a trampa da desigualdade", 25 millóns de europeos veranse sumidos na pobreza en 2025 se os gobernos non abandonan as medidas capitalistas, oito millóns deles serán españois, o que supón que España achegaría un de cada tres dos novos pobres de Europa.
 
Algunhas estatísticas
Segundo Eurostat, en 2012 uns 124 millóns de persoas -24.8 por cento da poboación dos 28 países da Unión Europea (UE)- estaban en "perigo de pobreza ou exclusión social", definición que inclúe tanto a pobreza relativa coma a absoluta. En 2008 a cifra era do 17 por cento.
 
En setembro do ano pasado o Instituto Nacional de Estatística e Estudos Económicos de Francia (INSEE) revelou que en 2011 a pobreza en Francia afectou ao 14,3 por cento da poboación total, o seu nivel máis alto dende o ano 1997.
 
Segundo o INSEE uns dous millóns de persoas viven con menos de 645 euros por mes (877 dólares), uns 3,6 millóns teñen problemas de vivenda e uns 3,5 millóns reciben axuda alimentaria.

En decembro a Axencia Oficial de Estatísticas sinalou que en 2012 a porcentaxe de holandeses que vivía por debaixo do albor da pobreza saltara ao 9,4 por cento, equivalente a uns 664.000 fogares. En 2010 a porcentaxe era o 7,4 por cento.
 
"Se non cambian estas políticas, Europa necesitará 25 anos para recuperar o nivel de vida que gozaba antes da recesión. Hai un desmantelamento dun modelo en marcha. Hoxe a desigualdade en Reino Unido é igual que en Estados Unidos", resaltou a directora de Oxfam Internacional, Natalia Alonso.
 
Telesur

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript