Xaneiro de 2014
 
 

20/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  A LOITA É O ÚNICO CAMIÑO
 

O alcalde de Burgos asume a súa derrota e anuncia o fin das obras

O pobo organizado e mobilizado finalmente conseguiu o seu obxectivo: As obras paralizáronse de forma defintiva.

 

  • Noticias relacionadas

 

O alcalde de Burgos, Javier Lacalle, anunciou a paralización definitiva das obras de Gamonal "despois dunha intensa reflexión tras o Pleno da mañá". Lacalle expresou o seu desexo de que esta decisión poña fin ás "tensións" rexistradas nos últimos días no barrio burgalés. Nese sentido, o primeiro edil indicou que "de producirse altercados non poderán vincularse xa a estas obras".
 
O alcalde de Burgos, Javier Lacalle, anunciou pouco despois das sete da tarde deste venres a súa decisión de abandonar o proxecto do barrio de Gamonal e paralizar definitivamente as obras. O rexedor tomou esta decisión co obxectivo de manter "a paz social" e cambiou de criterio tan só unhas horas despois de que o pleno municipal aprobase seguir coa remodelacion.
 
Así o explicou nunha rolda de prensa na que defendeu que "é moito máis importante a convivencia" dos veciños que "60, 50 ou 40 obras", aínda que advertiu de que "o bulevar non foi o problema" dos disturbios producidos no barrio, senón "a escusa". Tras este anuncio, Lacalle explicou, en declaracións a Europa Press, que o luns comezará a adecentación da rúa, que se encontra parcialmente levantada polo inicio dos traballos para o bulevar, para devolvela ao seu estado inicial.
 
A cidade de Burgos celebra a súa victoria mentres que no resto do Estado sucédense as manifestacións de apoio á loita dos veciños e veciñas do barrio de Gamonal, todo un exemplo.
 
Kaosenlared

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript