Xaneiro de 2014
 
 

20/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  LEI ANTI ABORTO
 

Reaccións institucionais contra a lei do aborto

Tras a presión social contra a reforma da lei do aborto de Gallardón e de que a lei española se debatese no Europarlamento o pasado xoves 16 de xaneiro. Iso motivou unha avalancha de apoios institucionais contra a reforma da Lei do aborto de Gallardón a nivel español, europeo e dentro do seu partido.

 

  • Noticias relacionadas

 

Tras a presión social contra a reforma da lei do aborto, o anteproxecto de lei debateuse no Europarlamento o pasado xoves 16 de xaneiro. Durante a sesión, o texto sufriu numerosas críticas mesmo dende sectores da dereita europea. A devandita reforma considérase innecesaria, sen apoio social e interprétase como un atentado contra os dereitos civís, cuxa única motivación serían os fins ideolóxicos e electoralistas. Tras ese debate e grazas á presión social xurdiu unha alianza de eurodeputadas e eurodeputados que están a asinar unha declaración a favor dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres españolas.
 
Esta declaración, impulsada por GUE/NGL (European United Left/Nordic Green Left) e asinada por 295 eurodeputados, sinala que esta "esta lei representaría un claro retroceso dos dereitos das mulleres en España de máis de 30 anos". Expresan tamén a súa solidariedade coas mulleres españolas e compromiso na defensa dos dereitos e da saúde sexual e reprodutiva das mulleres.
 
E esta non é a única alianza institucional da que debería preocuparse Alberto Ruiz-Gallardón. A nivel de Parlamento español, PSOE, IU, BNG, Amaiur e Nafarroa-Bai, xunto con 200 colectivos feministas, asinaron un pacto para opoñerse á reforma da lei do aborto.
 
A terceira oposición á que se enfronta o Ministro de Xustiza é dentro das súas propias filas, onde varios líderes do partido se declararon publicamente en contra, como por exemplo o barón do PP, José Antonio Monago, Celia Villalobos e diversos representantes municipais.
 
Estas potentes alianzas institucionais, alentados por unha forte presión social parecen están debilitando a posibilidade de éxito a cruzada do Ministro Gallardón contra os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres.
 
http://www.diagonalperiodico.net

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript