Xaneiro de 2014
 
 

14/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  SOCIEDADE
 

O Goberno incumpre o Plan de Igualdade para funcionarios

O Plan de Igualdade entre Homes e Mulleres aprobado polo Consello de Ministros en xaneiro de 2011 está aínda moi lonxe de cumprirse. A Administración Xeral do Estado (AGE) só cumpre integramente unha das 37 accións incluídas no plan, os cursos de formación e sensibilización en igualdade de trato entre homes e mulleres, segundo un informe de seguimento realizado polos ministerios de Facenda e Administracións Públicas e o de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

 

  • Noticias relacionadas

 

O Plan contempla unha serie de medidas, a maioría delas cumpríronse só parcialmente ou están sen executar: diagnóstico de situacións de desigualdade, acceso ao emprego público, desenvolvemento da carreira profesional, ordenación do tempo de traballo, retribucións ou situacións de especial protección.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript