Xaneiro de 2014
 
 

14/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Paga extra de decembro de 2012

Xa vos informamos do ditame do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza no Conflito Colectivo interposto contra o recorte da paga extra de decembro de 2012 ao persoal laboral. Tamén vos informamos do recurso interposto pola UDC contra a sentenza do TSXG. Ao recurso de Casación interposto pola universidade hai que engadir, tamén, o presentado polos sindicatos CIG,CCOO e CSIF.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Sabemos, por outra parte, que a Universidade de Vigo tamén recorreu, mentres que a Universidade de Compostela acatou a sentenza do TSXG, as traballadoras e traballadores da USC están agora pendentes do recurso interposto polos sindicatos..
 
Para o PDI laboral, ao que o TSXG tamén lle recoñeceu o dereito a cobrar a parte proporcional da paga extra, segundo as nosas informacións, unicamente a Universidade de Vigo recorreu a sentenza.
 
Que vos parece. Recibimos todos os colectivos  o mesmo trato?. Xa vedes que non.
 
A USC que,  segundo se nos indica de xeito reiterado, é a que en peores circunstancias económicas e orzamentarias afronta a situación, debido á tensión existente entre a Reitoría e o resto da Comunidade Universitaria é na que, o PAS, se desenvolve mellor.  Esta circunstancia demostra, ás claras, que canto máis mobilizadas/os esteamos en mellores condicións poderemos afrontar os recortes que nos impoñan, ben desde a Xunta ou dende a universidade.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript