Xaneiro de 2014
 
 

14/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

PAS laboral, eleccións sindicais

O venres, día 10, convocados pola Xerencia tivemos a primeira reunión para a preparación das eleccións sindicais no colectivo de PAS laboral (xuntamos a convocatoria). A Xerencia acudiu á xuntanza coa intención de que se acordase a integración no proceso electoral do PAS laboral do persoal de Proxectos e Convenios (Capítulo VI).

 

  • Noticias relacionadas

 

Ademais das organizacións sindicais que figuran na convocatoria, a Xerencia convidou á reunión a unha representación do PDI laboral (en concreto asistiu a secretaria do Comité).
 
O primeiro que fixemos foi delimitar quén debía estar presente na reunión da que se ausentou a secretaria do Comité de PDI ao entender, ela mesma, que dado a temática da xuntanza non correspondía a súa presenza.
 
A continuación sinalamos:
 

·         Que o aviso previo de eleccións sindicais tiña un colectivo ao que ía destinado que corresponde ao PAS laboral

·         Que se pretende xustificar a integración do persoal de Proxectos e Convenios coa argumentación da estabilidade, a nivel de representación, que lle outorgaría a presenza no Comité de Empresa de PAS laboral, cousa que carece de sentido cando o colectivo de PAS laboral está inmerso no proceso de funcionarización e, a curto ou medio prazo, destinado a desaparecer.

·         Que a integración do colectivo de Proxectos e Convenios no Comité de Empresa de PAS laboral significaría, na práctica, a absorción do colectivo de PAS polo de Proxectos e Convenios pois a diferenza de número de persoal (polo menos o que se sinala segundo os comunicados recibidos) sería moi superior no caso do persoal de Proxectos e Convenios que o de PAS laboral. Esta circunstancia, no canto de posibilitar a estabilidade a nivel de representación colectiva do colectivo do Capítulo VI constituiría un factor de inestabilidade manifesta no PAS laboral sen solucionar o que, teoricamente, se pretende. (Por outra banda, abrir agora unha negociación sobre que parte do colectivo de Capítulo VI se integraría no Comité de PAS significaría retrasar, sine die, a elección de Comité de Empresa, cousa que non estamos dispostos a aceptar).

·         Que o proceso debe ser, en todo caso, o contrario do que se trata de establecer. O primeiro que hai que realizar as eleccións convocadas a Comité de Empresa, o Comité que saia das eleccións negociará, cando corresponda, o marco normativo (Convenio Colectivo) e, en función do que se acorde nesa negociación procederase (do actual Convenio Colectivo este persoal está expresamente excluído). Insistimos, nunca, como se pretende, que é, nin máis nin menos, ao contrario, primeiro a integración no Comité e sen cambiar o marco normativo.

·         Como dixemos, polo que se indicou desde a Xerencia o que se pretendía era proceder á integración do persoal de Capítulo VI no Comité de Empresa de PAS pero sen tocar as condicións laborais e sociais destes traballadores e traballadoras. Nós nunca aceptaríamos este condicionante.

·         O noso sindicato deixou claro que, de non proceder segundo o aviso previo de eleccións presentado, recorreriamos directamente á autoridade laboral e xudicial para repoñer a legalidade.

 
Unha vez aclarados estes conceptos e co acordo maioritario das centrais sindicais presentes procedeuse a abordar o verdadeira finalidade da xuntanza, nin máis nin menos que a convocatoria electoral.
 
A Xerencia presentou un censo electoral (non definitivo) ao que se lle sinalaron as posibles eivas quedando en que faría chegar un censo mellor articulado o luns vindeiro (día 13).
 
Comentouse, tamén, dado número de traballadoras e traballadores que non se funcionarizaron a posibilidade de optar pola constitución de mesas electorais itinerantes que estarían ubicadas a primeira e última hora da votación na Coruña e durante as últimas horas da mañá e primeiras horas da tarde en Ferrol.
 
Seguiremos informando.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript