Xaneiro de 2014
 
 

14/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Deixáronnos sos
Nin con dignidade remataron o traballo, no medio da funcionarización quedamos sen Comité de Empresa, había tanta presa que preferiron funcionarizarse canto antes, que finiquitar o traballo que iniciaron. Xa non me vou referir aos compañeiros que decidan non pasar polo aro da funcionarización, pero qué pasa cos que, polo retraso nas convocatorias, non puidemos participar na primeira convocatoria?.  Está claro que non se accede aos postos de representación como son os do comité de empresa por razóns altruístas e de gañas de tirar polos dereitos colectivos. Hai xente que se presenta e acada postos de representación coa única finalidade do beneficio persoal. No noso caso, no caso do noso comité, é evidente, hai tanta presa por escapar que o único que conta é salvarse cada un. O último que apague a luz!.

 

Fallo de hardware
Parece evidente que as pequenas resistencias que exercemos moitos dende as nosas correspondentes trincheiras son de patio de colexio en comparación coas armas que se manexan alá arriba. Non hai cambio posible pola mera reforma do sistema. As raíces son demasiado profundas. Isto non se arranxa reiniciando. Este fallo de sistema ten a súa orixe no hardware, non no software. Afecta ao corazón mesmo da máquina e non ao que flota por enriba. Estrutura e superestrutura, chámanlle os clásicos. Se o fallo é de hardware, xa sabes o que fas cando o teu ordenador está avariado e a avaría é tan grave que non ten solución.

Facemos falta todas/os nós
Non debemos caer no pesimismo, o tempo está a poñer no seu lugar a cada quen, e quero pensar que hai aí fóra un bo montón de xente que realmente está a velo, aínda que non o racionalizásemos completamente. É verdade que hai tanto que "sanear" que parece que non vai ser posible saír desta con reformas. Pero para esa reconstrución é para a que fai falta xente como todas e todos nós.

Lei de aborto
Este proxecto de lei aberrante merece varias reflexións:
-Convértenos as mulleres en seres incapaces de decidir por nós mesmas, polo que será o "Estado" encarnado en médicos e xuíces, os que decidirán sobre a nosa maternidade.
-Dada a nosa "minoría de idade" perdóannos hipocritamente o "reproche penal", tratándosenos como a seres inimputables e iso, señor ministro, lonxe de ser un trazo positivo a súa lei humíllanos como cidadás.
-Unha muller en canto se quede embarazada -ou sospeite que poida estalo- deixa de ser persoa e pasa a converterse nun ÚTERO, incubadora mesmo á forza,sobre o que o Estado ten poder absoluto.
-Para acollerse ao suposto-coadoiro de "grave risco para a saúde psíquica" DOUS PSIQUIATRAS terán que ditaminar que corremos o perigo de volvernos o suficientemente tolas como para poder interromper ese embarazo. Iso,ademais de hipócrita, é sinxelamente HUMILLANTE.
-Na lóxica aberrante de Gallardón supoño que estará incluída a supresión das probas de diagnóstico prenatal cubertas pola Seguridade Social (amniocentese), dado que non sería un suposto para abortar.
Como sociedade non podemos admitir componendas dos baróns do PP neste monstro totalitario. Só cabe a retirada deste proxecto de lei infame e manter a vixente lei de prazos, similar á de TODOS os países do noso ámbito.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript