Xaneiro de 2014
 
 

14/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Recortes en acción social

O pasado día 23/12/2013 a Xerencia mantivo unha reunión cos órganos de representación do persoal para tratar sobre o futuro da Acción Social e como aplicar os recortes acordados coa aprobación dos orzamentos de 2014.

 

  • Noticias relacionadas

 

Nesa reunión adquiriuse o compromiso de constituír, no mes de xaneiro,  unha comisión con representación do PAS e PDI para negociar o destino do fondo asignado para Acción Social.
 
Desgraciadamente o persoal laboral, ao carecer de representación colectiva, non estará presente, como tal na dita comisión. Independentemente desta circunstancia faremos chegar as nosas apreciacións a través das compañeiras/os presentes na devandita comisión. Creemos que hai alternativas tanto para o persoal funcionario como para o persoal laboral que evitarían os recortes anunciados.
 
Independentemente desta circunstancia e se se levase a efecto o que parece ser a intención do equipo reitoral defenderemos por todas as vías ao noso alcance o establecido no Convenio Colectivo, recentemente prorrogado:
 
“Artigo 59
Co obxecto de financiar accións dirixidas ao persoal que se acorden na Comisión Paritaria, ou ben que se complementen ás adoptadas nela, decididas entre a Xerencia e o Comité de Empresa, constitúese na Universidade un fondo de acción social para o persoal laboral, equivalente, cada ano, ao 1,5% da masa salarial anual, garantindo como mínimo os fondos necesarios para a contratación dun seguro de asistencia sanitaria de prestacións análogas ás vixentes na data de sinatura deste convenio.”
 
De conseguirmos que non se recorte este dereito ao PAS laboral, dificilmente se lle podería recortar un dereito homólogo ao PAS funcionario.
 
O afán recadatorio do equipo de goberno increméntase a medida que as dificultades económicas aumentan. Non se opta por xestionar mellor o que se ten nin por homologar as circunstancias entre os diferentes sectores da Comunidade Universitaria. O aforro céntrase maioritariamente en nós.
 
Ao equipo reitoral interésalle recortar na acción social onde realmente gasta. A matrícula gratuíta, por exemplo, aínda que se compute economicamente como gasto, para a universidade non representa un gasto real atribuíble ao goce dese dereito polo PAS correspondente. Ao docente tenlle que pagar asista ou non o traballador ou a familia directa, ao centro e ao persoal de administración e servizos que dan cobertura e apoio a docencia na materia na que o PAS ou familia se matriculou hai que sustentalo economicamente independentemente do goce dese dereito polo PAS…
 
Non esquecemos que ao recorte co que queren eliminar o seguro médico, a compra de libros..., xúntase outro recorte na partida destinada a formación. Reiteramos que non aceptamos o importante tallo que, desde o equipo reitoral, se lle realiza a unha partida que afecta dun xeito tan importante ao colectivo de PAS e actuaremos en consecuencia.
 
Isto non significa un erro puntual do equipo de goberno da universidade, a actitude do reitor pon de manifesto a submisión do equipo reitoral á política ditada dende a Xunta que pretende a privatización da universidade pública e pon directamente aos pés dos cabalos aos seus traballadores e traballadoras. Que ten que pasar para que un equipo que pretende ser progresista se poña á fronte da resposta a estas políticas?

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript