Xaneiro de 2014
 
 

14/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE PÚBLICA - MADRID
 

O TSXM mantén paralizada a privatización da sanidade madrileña

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (TSXM) decidiu, por maioría, devolver o caso da privatización de seis hospitais da comunidade ao seu punto de partida, segundo fontes xudiciais.

 

  • Noticias relacionadas

 

Con iso, mantense a paralización do proceso de "externalización", xa que non serán 50 maxistrados os que decidan sobre os recursos interpostos tanto polo Goberno rexional coma por sindicatos e asociacións de médicos, senón que estes volven aos xulgados de orixe.
 
Dos sete recursos presentados, seis resolveranse pola Sección Terceira do TSJM, que foi a que ditou a suspensión preventiva do proceso antes de que o xuíz Martínez Tristán, casado cunha conselleira do PP en Castela-A Mancha e que presidía a Sala do Contencioso do TSJM, acordase que fosen os 50 maxistrados do Pleno os que decidiran sobre esta materia. De aí que, de forma indirecta, o Pleno manteña paralizado o proceso privatizador iniciado polo Executivo de Ignacio González.
 
Público

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript