Xaneiro de 2014
 
 

14/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  INTERNACIONAL
 

Grecia: nova ofensiva contra o sindicalismo de clase

As últimas novas publicadas nesta páxina sobre os proxectos da Lei de Seguridade Cidadá e de reforma do Código Penal, haberá alguén que pense que son esaxeradas, haberá quen pense que pecan de demasiada carga esquerdista na súa análise. Pois non. O proceso que desde fai tempo se está abrindo no estado español, para reforzar os mecanismos represivos, non son nin moito menos orixinais.

 

  • Noticias relacionadas

 

Como temos dito, nesta fase histórica onde a burguesía metaforsea as relacións entre Capital e Traballo, a necesidade de robustecer o aparello represivo tórnase en consubstancial. Na medida que as conquistas da clase traballadora sexan aniquiladas máis e máis, eles saben que no plano obxectivo o risco de resposta obreira e social é maior, e faise máis evidente. Grecia é todo un laboratorio social neste sentido, foi neste país onde primeiro se ensaiou a medicina perversa da Troica.
 
A coartada do sistema
Fai uns meses as axencias de intoxicación nos informaban da operación contra o partido fascista Amencer Dourado. Pero esas informacións non facían mención algunha a como se consolidou dito grupo fascista ate o extremo de obter unha notoria representación no Parlamento Grego. Venderon a detención e a desarticulación duns cantos dirixentes e militantes, sen embargo a día de hoxe non ilegalizaron aínda Amencer Dourado. Do que se trataba era preparar un escenario lexitimador do que viría despois.
 
Comeza a represión sistemática
O que non sabia a maioría desinformada, sobre todo fora do país helénico, era que a coartada estaba servida, para unha ofensiva contra o movemento obreiro e as forzas populares gregas. Inmediatamente prodúcese unha ofensiva gobernamental e patronal contra o movemento sindical de clase, máis concretamente contra o Frente Militante de Todos os Traballadores (PAME).
 
Comezan a cualificar as Folgas como ilegais e abusivas, intensifican a intervención policial nas mobilizacións, e establecen todo un plan de persecución xudicial contra os cadros do PAME e de outras organizacións populares e estudantís. Calquera manifestación de disidencia ou resistencia ás medidas da Troica, pasa a ser obxectivo prioritario desta planificación represiva.
 
O obxectivo das persecucións e das sentencias condenatorias dos tribunais, non teñen como obxectivo só ós dirixentes do PAME. En realidade o que perseguen é a intimidación do conxunto da clase traballadora no seu conxunto. O escarmento aos cadros dirixentes é para conseguir que @s traballador@s non participen da estratexia sindical clasista, para que non reclamen ou para que non fagan Folga.
 
Os feitos
O pasado 18 de decembro foi declarada unha sentencia condenatoria contra o sindicalista Sotiris Zaraniopoulos, do Secretarido Executivo de PAME e de Anna Ananiadou tamén cadro do mesmo sindicato. Seis meses de prisión para cada un en base á imputación por unha intervención simbólica do PAME nun programa de noticias do canal de televisión ET3, durante a Folga Xeral do 17 de decembro de 2009.
 
Na segunda quincena de decembro tamén se enxuizou a 35 sindicalistas de PAME, por levar á cabo unha protesta no Ministerio de Traballo e Seguridade Social no mes de xaneiro do 2013. E tamén está pendente o xuízo ós dirixentes do sindicato de mariñeiros, por accións levadas ó cabo fai catro anos nunha Folga no porto do Pireo.
 
Desde fai seis meses non hai conflito obreiro ou popular, que non acabe coa intervención xudicial na súa contra. A heroica folga da Aceiría Grega que durante máis de seis meses, defenderon os seus postos de traballo, tamén rematou sentando no banco dos acusados a vinte catro folguistas. E unha longa listaxe represiva xudicial nos sectores de turismo, do naval e até dos campesiños e estudantes.
 
A ofensiva represiva é total e planificada. Ós veredictos xudiciais e á actuación policial nas manifestacións obreiras, ademais habería que sumarlle a actuación parapolicial precisamente con matóns de Amencer Dourado. No porto de Perama, de maneira simultánea levaron ós tribunais a centos de traballadores, ó tempo que os contratistas do naval chamarón ó grupo fascista para “limpar” a zona de militantes do PAME.
 
É evidente por onde van os tiros. O laboratorio grego coas miles de actuacións represivas do sistema nos últimos tempos, non deixan lugar a dúbidas. Volvendo ó escenario do estado español, a decisión do goberno do PP de reformar o Código Penal e a Lei de Seguridade Cidadá, non é un simple capricho. Tampouco o será cando saquen do chapeu a reforma da Lei de Folga. Só a organización d@s traballadr@s, en clave de clase será quen de frear as receitas gregas, nesta ocasión no estado español da man do PP.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript