Xaneiro de 2014
 
 

07/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

Conxelación do Salario Mínimo para o 2014

O goberno anunciou a conxelación do Salario Mínimo Interprofesional para o ano 2014, fixándoo en 645´30 euros. Aínda non coñecemos polo miúdo o argumentarlo da Sra. Báñez, pero terán que empregar e moito a imaxinación, tendo en conta que o pasado ano, o incremento do 0´6% xustificárono como unha tentativa de igualar o incremento máximo dos salarios, previsto no II Acordo para o emprego e a negociación colectiva 2012-2014.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os que tamén van ter que espremer os miolos son CCOO e UGT para rexeitar agora a conxelación promulgada polo goberno do PP. Ou, é que non asinaron eles tamén o devandito II Acordo? O cinismo duns e outros é un insulto continuado a intelixencia da clase traballadora.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript