Xaneiro de 2014
 
 

07/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  UN ESTADO EN VÍAS DE SUBDESENVOLVEMENTO
 

As remesas dos emigrantes españois volven ser básicas para a economía do estado

As remesas, que antes da crise eran un fenómeno vinculado aos inmigrantes que dende España enviaban parte do salario aos seus países, son de novo un carburante para a economía de moitas familias residentes en España.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os envíos creceron a grandes pasos. No verán de 2008, cando a crise empezaba a asomar, a España chegaban 1.343 millóns en remesas de traballadores que vivían fóra, un 22% menos que este ano.
 
E mentres os envíos dos españois crecen, os que fan os estranxeiros que viven neste país cara ao exterior fóronse contraendo coa recesión. Entre xuño e setembro sumaron en total 1.723 millóns de euros, un 10% máis que no trimestre anterior, pero moi por debaixo do que se mandaba en 2010, cando se superaron os 2.000 millóns trimestrais. Non en van, a poboación estranxeira en España decreceu nos últimos anos. Mentres no primeiro semestre de 2009 chegaron 176.808 persoas de orixe estranxeira, a primeira metade de 2013 foron 134.312, unha cuarta parte menos. E no mesmo período, 259.227 persoas abandonaron España, das cales, o 85% naceran no estranxeiro, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).
 
En total, no que levamos de ano, os emigrantes traballadores inxectaron en España 4.661 millóns de euros. En todo o ano pasado foron 5.922 millóns, pero dada a evolución de 2013, é posible que se supere a cifra, xa que o segundo trimestre a comparación interanual bota este ano un incremento do 7,1% e o terceiro, do 3,9%, segundo o Banco de España, que non indica a orixe xeográfica dos envíos.
 
As cifras comunitarias colocan a España como o terceiro país da Unión Europea que máis remesas recibiu en 2012, só por detrás de Francia e Italia. A emigración creceu en paralelo ao vertixinoso aumento do paro, que en España afecta a máis dunha cuarta parte da poboación activa. Aínda que é complicado concretar unha cifra exacta de españois que decidiron probar sorte fóra, segundo a estatística de variacións residenciais do INE o ano pasado 56.392 persoas con nacionalidade española déronse de baixa dos seus padróns municipais porque se ían ao estranxeiro. A estes, habería que sumar os que non acudiron a modificar legalmente o seu lugar de residencia.
 
Un repaso ás estatísticas das remesas en España durante as últimas décadas permite esbozar os cambios migratorios que viviu o país. Nos noventa, cando España aínda non era un país atractivo para os estranxeiros en busca de traballo, os traballadores enviaban dende este país fóra das fronteiras o equivalente a só 22,1 millóns de euros, fronte aos 296 millóns que se recibían. Tras un crecemento lento pero continuo, o punto de inflexión chegou en 2004: por primeira vez en España os traballadores enviaban fóra máis diñeiro (1.179 millóns) do que se recibía en concepto de remesas (1.020 millóns). Pero a crise volveu xirar, e agora os envíos de diñeiro en ambas as dúas direccións están practicamente equilibrados.
 
De Cristina Delgado Kaosenlared

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript