Xaneiro de 2014
 
 

07/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  PREZOS
 

Ano novo, prezos á alza

Mentres que os salarios diminúen, como os anos anteriores, os prezos, tamén como en anos anteriores non deixan de subir. Este ano comeza con subidas xeneralizada na práctica totalidade de produtos e servizos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os salarios dos traballadores e traballadoras da Administración Pública de Galicia diminúe, o salario mínimo interprofesional conxélase, as pensións soben un ínfimo 0,25%, mentres o copago farmacéutico sobe un 1,5% (seis veces máis que as pensións),
 
A factura enerxética increméntase  nun 2,3 % para o primeiro trimestre do ano, no caso da luz.
 
O uso do coche non queda atrás,  a Xunta elevou o céntimo sanitario -o tramo autonómico do imposto de hidrocarburos- que se sitúa en 4,8 céntimos por litro para o gasoil e a gasolina.
 
A todo iso súmase tamén a alza das peaxes das autoestradas estatais, fixado no 1,85 % polo Ministerio de Fomento. No caso galego percorrer toda a AP-9 (de Ferrol a Tui) custará máis de 20 euros.
 
Tamén subirán o transporte urbano, a auga, o IBI…..
 
Se cada día que pasa a todas nos custa máis chegar dignamente a fin de mes, para moitas persoas xa é imposible, esprémennos totalmente eliminando, na práctica,dereitos tan elementais como o da saúde. O pozo da marxinalidade cada día é máis profundo sendo a resposta social moi limitada.
 
Para cando unha folga xeral de verdade?

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript