Número 214- 07 de xaneiro de 2014
 
 

UNIVERSIDADE

Adeus ao Comité de empresa

    Fai uns días recibimos o comunicado de defunción do actual Comité de Empresa, compre, polo tanto, tomar canto antes as medidas necesarias para levar adiante unhas novas eleccións para constituír un novo Comité de Empresa procurando que o período no que carecemos de representación sexa o menor posible.

UNIVERSIDADE

    O goberno do estado demostra, unha vez máis, o seu exacerbado afán recadatorio. O feito de converter a débeda privada en débeda pública obriga á procura de diñeiro para trasladar ao peto de banqueiros e demais responsables da situación de cirise-estafa que nos están obrigando a pagar.

ECONOMÍA

    Os recursos enerxéticos como vector estratéxico para o desenvolvemento das sociedades teñen que ser públicos. Sen embargo, no Estado Español son precisamente as empresas enerxéticas as que obteñen as máis altas taxas de rendibilidade.

MUFACE

    A Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (Muface), organismo dependente do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, estreará este ano o novo concerto de asistencia sanitaria, que será prestado por Asisa, Adeslas, DKV e Igualatorio de Cantabria.

PREZOS

    Mentres que os salarios diminúen, como os anos anteriores, os prezos, tamén como en anos anteriores non deixan de subir. Este ano comeza con subidas xeneralizada na práctica totalidade de produtos e servizos.

LABORAL

    Publicouse, no Boletín Oficial do Estado do 26 de decembro de 2013, a Lei 22/2013 de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2014, na que, grazas ás emendas propostas polo Partido Popular (PP) e aprobadas recentemente polo Congreso dos Deputados, establécese que as persoas sen traballo, que esgotasen a prestación e os subsidios por desemprego, e que se ausenten do estado máis de 90 días nun ano, perderán o dereito á asistencia sanitaria.

UN ESTADO EN VÍAS DE SUBDESENVOLVEMENTO

    As remesas, que antes da crise eran un fenómeno vinculado aos inmigrantes que dende España enviaban parte do salario aos seus países, son de novo un carburante para a economía de moitas familias residentes en España.

OPINIÓN . Isaac Rosa

    Por se algún rosmón aínda dubida de que 2014 é "o ano da recuperación", o Goberno decidiu inauguralo ao grande, con castelo de lumes artificiais: o dato do paro rexistrado en decembro pasado, 107.570 parados menos.

    
  •   
 
 LABORAL
    Segue a destrución de emprego en Galicia, os indicadores evidencian a tráxica situación pola que os traballadores e traballadoras galegas transitan desde que se aplican as políticas neoliberais deseñadas desde europa e o FMI e que se concretaron, no estado e en Galicia, na reforma laboral e demais medidas de recortes económicos e sociais.
 LABORAL
    O goberno anunciou a conxelación do Salario Mínimo Interprofesional para o ano 2014, fixándoo en 645´30 euros. Aínda non coñecemos polo miúdo o argumentarlo da Sra. Báñez, pero terán que empregar e moito a imaxinación, tendo en conta que o pasado ano, o incremento do 0´6% xustificárono como unha tentativa de igualar o incremento máximo dos salarios, previsto no II Acordo para o emprego e a negociación colectiva 2012-2014.
 LABORAL
    Fai uns días o Consello de Ministros aprobou a proposta da Ministra de Traballo, Fátima Báñez, o antreproxecto polo que se modifica a Lei Xeral da Seguridade Social en relación ó réxime xurídico das mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais. O contido do anteproxecto que acaban de aprobar, aínda que disimulado e sutil, é unha nova aldraxe aos dereitos da clase traballadora.
 CRISE?, QUE CRISE?
    As 300 persoas máis ricas do mundo engadiron durante 2013 un total de 524.000 millóns de dólares ás súas fortunas, que agora totalizan 3,7 billóns de dólares, segundo datos compilados por Bloomberg.
 ESTAFA
    2009: a Compañía Española de Seguros de Crédito á Exportación (CESCE) prestou a Sacyr Vallehermoso o aval que, por importe de 400 millóns de dólares, estaba obrigada a presentar como fianza definitiva para garantir a correcta execución das obras do terceiro xogo de exclusas da Canle de Panamá, que o pasado mércores 8 de xullo a Autoridade da Canle de Panamá (ACP) adxudicou ao "Grupo Unidos por el Canal", liderado por Sacyr (40%), e no que tamén figuran a italiana Impreglio, a belga Jan de Nul e a panameña Constructora Urbana S.A., (CUSA).
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    A plataforma unitaria Queremos Galego, impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e conformada por máis de 700 entidades so o obxectivo de defender a lingua de Galiza, deu unha conferencia de imprensa para denunciar “a continuación da sanción do Goberno español por nos manifestarmos en defensa do galego o pasado Día das Letras”.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        INOCENTES

         
          NON SEXAS PARVO/A, REBÉLATE

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript