Xaneiro de 2014
 
 

07/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Adeus ao Comité de empresa

Fai uns días recibimos o comunicado de defunción do actual Comité de Empresa, compre, polo tanto, tomar canto antes as medidas necesarias para levar adiante unhas novas eleccións para constituír un novo Comité de Empresa procurando que o período no que carecemos de representación sexa o menor posible.

 

  • Noticias relacionadas

 

O actual Comité tiña nas súas mans tres posibilidades:
 

1.    Acordar coa Xerencia que os/as compoñentes do Comité de Empresa serían os/as últimas/os en funcionarizarse, estando, deste xeito, presentes durante todo o proceso para controlalo por se aparecese algún problema.

2.    Convocar eleccións antes de que se producise o seu cese procurando, deste xeito, que para o colectivo que non se funcionarizou o período sen representación fose mínimo.

3.    Pasar de todo, funcionarizarse eles, e os que non o fixeron que se preocupen de realizar a convocatoria,  retrasando, deste xeito e polos prazos establecidos, a toma de posesión do novo Comité.

 
A elección de calquera das dúas primeiras opcións podería indicar que se actúa como sindicatos que se toman con responsabilidade o proceso. A opción elixida foi a terceira. Os sindicatos presentes no actual Comité de Empresa esquecéronse das arredor de 70 traballadoras/es que aínda quedan sen se funcionarizar.
 
Diante da pasividade demostrada unha vez máis, a CUT xa fixo efectiva a convocatoria de novas eleccións sindicais.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript