07/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Desexo para 2014
O meu desexo para o 2014 é que os xuíces Castro e Ruz sexan valentes e sigan ata o final, caia quen caia. Que a realidade demostre ao goberno que as súas medidas económicas non serven para crear emprego senón para empobrecer aínda mais á sociedade. Que os que aínda vivimos instalados nunha incerta comodidade, apoiemos aqueles que se lancen á rúa froito do desespero pola súa situación. E que non caiamos uns e outros na resignación e o conformismo e sexamos capaces de loitar por aquilo que como cidadáns nos pertence.

 

Subasta eléctrica
No Estado Español a xeración, comercialización… da enerxía estivo sempre privatizada. Lembrades os encoros inaugurados na época de Franco. As empresas actuais son as descendentes da época da ditadura. O que se fixo posteriormente foi trocealas para dar choio a expresidentes e parasitos simulando, no camiño, as subastas.
Mentres que os subministros básicos estean en mans privadas estamos perdidas. Se non é a subasta, será o subasto.

2014 ano da recuperación
Se señor, 2014 será o ano da recuperación dos privilexios dos ricos de sempre, o ano da recuperación da oficialidade da Igrexa católica, o ano da recuperación da beneficencia a cambio da seguridade social, o ano da recuperación da censura, o ano da recuperación das liberdades básicas, o ano da recuperación da prohibición do aborto, o ano da recuperación da fame... Para o 2015 deixan a recuperación do dereito de pernada e da Santa Inquisición.

Baixada do paro?
O que demostra este goberno ao facer tanto fincapé na baixada de parados rexistrados, e non tanto no aumento de afiliados á Seguridade Social, é que o único que lle importa é que pareza que hai menos parados, non que en realidade os haxa. A realidade, que non é nin de lonxe tan boa como nola pintan, hai que ocultala. O importante non é que realmente baixe o paro, senón que poidan, con medias verdades, facer crer á maioría que baixa. Como dicía aquel vello slogan xornalístico, non deixemos que a realidade nos estrague unha boa portada. E así nos manexan, ou intentan manexarnos, en todo. Non importa a realidade, se somos capaces de escondela ou maquillala. E o peor é que aínda hai moitos que o tragan. Por iso o PP segue sendo o primeiro en intención de voto. Algo incrible pero que confirman todas as enquisas.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript