Xaneiro de 2014
 
 

07/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

En Galicia o paro non da tregua

Segue a destrución de emprego en Galicia, os indicadores evidencian a tráxica situación pola que os traballadores e traballadoras galegas transitan desde que se aplican as políticas neoliberais deseñadas desde europa e o FMI e que se concretaron, no estado e en Galicia, na reforma laboral e demais medidas de recortes económicos e sociais.

 

  • Noticias relacionadas

 

No último mes do ano 2013  destruíronse en Galicia outros 209 postos de traballo. Outro dato significativo é que as afiliacións á Seguridade Social caeron neste mes noutras 2.000 persoas, o que é sinal por un lado da desesperación de moitos e moitas traballadoras que xa non confían no Servizo Galego de Colocación para atopar traballo e confirman a tráxica realidade da emigración de infinidade de mozos e mozas (e maiores) que ven como única saída á súa situación de desemprego a emigración.
 
O dato que sinala si se crea emprego realmente é, neste caso, o dato de afiliación á Seguridade Social que, en Galicia, descendeu no ano 2013 en 12.757 cotizantes. Aínda así o número de desempregados/as rexistradas en Galicia supera os 271.000 o que sinala o fracaso total das medidas impulsadas e lexisladas desde os gobernos de Rajoy e Feijoo.
 
Outro dato importante á hora de reflexionar sobre as estatísticas é a precariedade do emprego creado en Galicia formalizáronse 293.596 contratos durante o ano 2013, dos que tan só o 8% (23.571) foron indefinidos fronte ao 92% dos temporais (270.025).
 
As estatísticas confirman o que denunciamos de xeito reiterado, as políticas neoliberais só serven para despedir e precarizar o pouco traballo que se crea, e teñen como intención última converternos en escravas e escravos.
 
Cando a próxima folga xeral?

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript