Xaneiro de 2014
 
 

07/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

Parados de longa duración que saian do estado, definitivamente excluídos do sistema sanitario

Publicouse, no Boletín Oficial do Estado do 26 de decembro de 2013, a Lei 22/2013 de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2014, na que, grazas ás emendas propostas polo Partido Popular (PP) e aprobadas recentemente polo Congreso dos Deputados, establécese que as persoas sen traballo, que esgotasen a prestación e os subsidios por desemprego, e que se ausenten do estado máis de 90 días nun ano, perderán o dereito á asistencia sanitaria.

 

  • Noticias relacionadas

 

Puntualmente, a modificación feita á Lei 16/2003 de "cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saúde" determina que "terán a condición de asegurado" os que se encontren na seguinte situación: "d) Ter esgotado a prestación ou o subsidio por desemprego ou outras prestacións de similar natureza, encontrarse en situación de desemprego, non acreditar a condición de asegurado por calquera outro título e residir en España".
 
Así mesmo, incorporouse unha nova disposición adicional ao Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, que sinala: "Disposición adicional sesaxésima quinta. Perda de residencia para os efectos de prestacións da Seguridade Social [...] 2. Para os efectos do mantemento do dereito das prestacións sanitarias nas que se esixa a residencia en territorio español, entenderase que o beneficiario das devanditas prestacións ten a súa residencia habitual en España aínda cando teña estanzas no estranxeiro sempre que estas non superen os 90 días ao longo de cada ano natural".
 
Era de esperarse que estas emendas fosen aprobadas, pola maioría que ostenta o PP no Congreso, e agora é un feito, xa que a nova normativa ten efectos dende o 1 de xaneiro de 2014 e vixencia indefinida. Tendo en conta a emigración económica forzada da que están a ser vítimas moitas persoas, especialmente mozos que non encontran a forma de subsistir neste país, é de esperarse que o número de excluídos, afectados por esta reformas legais, sexa realmente significativo.
 
Hai que ter en conta que, segundo as Proxeccións para o 2013 do Instituto Nacional de Estatística (INE), calcúlase que ao redor de 600.000 persoas abandonaron o país o ano que acaba de rematar, en 2012 os rexistros do INE evidencian que 476.748 persoas emigraron de España. En canto ás vulneracións de dereitos fundamentais, xa Médicos do Mundo sinalaba que o sistema sanitario español "desbotaba" 2.392 persoas ao día, cando dentro dos colectivos excluídos non se encontraban os desempregados de longa duración emigrantes, é polo tanto de esperarse que estas aumenten en boa medida.
 
Boletín Oficial do Estado do 26 de decembro de 2013
 
http://www.actasanitaria.com/parados-de-larga-duracion-que-salgan-del-pais-excluidos-del-sistema-sanitario/

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript