Xaneiro de 2014
 
 

07/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  MUFACE
 

Recortes en MUFACE

A Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (Muface), organismo dependente do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, estreará este ano o novo concerto de asistencia sanitaria, que será prestado por Asisa, Adeslas, DKV e Igualatorio de Cantabria.

 

  • Noticias relacionadas

 

Queda fóra do concerto Sanitas, as persoas que actualmente teñan Sanitas deberán cambiarse durante o mes de xaneiro, ao cesar o 1 de febreiro.
 
O novo concerto licítase cunha duración dun ano e garante as prestacións sanitarias da Mutualidade e estende os recortes que xa se están a aplicar ou que se van aplicar nas próximas datas na sanidade pública, como é o caso do copagamento en medicamentos hospitalarios (incluído algúns tratamentos contra o cancro), o copagamento no transporte sanitario non urxente ou a reprodución asistida.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript