Xaneiro de 2014
 
 

07/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

As primas de seguros e a gardería cotizarán íntegros á Seguridade Social

O goberno do estado demostra, unha vez máis, o seu exacerbado afán recadatorio. O feito de converter a débeda privada en débeda pública obriga á procura de diñeiro para trasladar ao peto de banqueiros e demais responsables da situación de cirise-estafa que nos están obrigando a pagar.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

En plena época de Nadal, e con alevosía, o goberno do estado lexislou, unha vez máis mediante o Real Decreto Lei, neste caso de “medidas para favorecer la contratación estable y mejorar la empleabilidad de los trabajadores” unha nova volta de torca á interminable reforma laboral, e, aproveitando a coxuntura, a Seguridade Social cambiou as normas de cotización de bastantes conceptos salariais.
 
Algúns dos cambios aféctannos de xeito importante e teñen relación con aspectos da recente decisión do reitor de recortar a acción social:
 
Servizos de gardaría e coidado de fillos na empresa, así como todos os gastos educativos pagados aos fillos dende a empresa. Cotizan íntegros cando antes estaban exentos.
 
Contía da primas de seguros adicionais por accidente de traballo adicionais á cobertura legal, seguros que cubran a responsabilidade civil do traballador ou primas de seguros para enfermidade (tipo do actual contratado con Adeslas). Cotizan íntegros cando antes estaban exentos.
 
Máis Información

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript