Xaneiro de 2014
 
 

07/01/2014

   CUTUDC / Novidades

  ESTAFA
 

Os 400 millóns de aval que obtivo Sacyr para a obra de Panamá son de diñeiro público

2009: a Compañía Española de Seguros de Crédito á Exportación (CESCE) prestou a Sacyr Vallehermoso o aval que, por importe de 400 millóns de dólares, estaba obrigada a presentar como fianza definitiva para garantir a correcta execución das obras do terceiro xogo de exclusas da Canle de Panamá, que o pasado mércores 8 de xullo a Autoridade da Canle de Panamá (ACP) adxudicou ao "Grupo Unidos por el Canal", liderado por Sacyr (40%), e no que tamén figuran a italiana Impreglio, a belga Jan de Nul e a panameña Constructora Urbana S.A., (CUSA).

 

  • Noticias relacionadas

 

O relevante é que tanto o grupo liderado por ACS coma o de Corporación Bechtel, ao que moitos daban inicialmente como favorito, presentaron como garantía ante a ACP os balances auditados das súas respectivas sociedades matrices, sen necesidade de recorrer a aval de ningún organismo de maioría pública tipo CESCE ou similares. Fontes do sector aseguraron que "Sacyr se viu obrigada a recorrer a CESCE forzada pola situación dos seus ratios de endebedamento e solvencia".
 
Os licitantes estaban obrigados a presentar unha fianza provisional ao inicio do proceso de selección por importe de 50 millóns de dólares, fianza que a ACP esixía fora prestada por unha de cinco aseguradoras cotizadas en Wall Street (Travelers, Zürich, AIG, Liberty e Chubb). Para a fianza definitiva de 400 millóns de dólares, os candidatos podían presentar como aval ás propias sociedades matrices ou acudir a algunha aseguradora, que resultou ser un organismo oficial no caso de Sacyr e tamén da propia Impregilo, que o obtivo do SACE (Servizio Assicurativo del Commerzio Estero) italiano.
 
Avais por "indicación" política
CESCE é de propiedade maioritariamente pública (50,25%), e está especializada na cobertura de riscos de non pagamento derivados da venda de produtos e servizos de empresas españolas no exterior. A súa función é especialmente importante nos países en vías de desenvolvemento, onde os riscos de calquera operación económica son máis elevados e, polo tanto os, seus servizos máis solicitados. As condicións baixo as que asegura CESCE atéñense, ademais da razóns estritamente comerciais, ás indicacións políticas emanadas do ministerio de Economía, "indicación" que se dá por descontada no caso do aval a Sacyr.
 
Máis información: El Confidencial

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript