Decembro de 2013
 
 

23/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA DE GALIZA
 

A Xunta aprobou os orzamentos de 2014

Está a piques de rematar o ano e toca aprobar os orzamentos do 2014, a Xunta fíxoo o martes, día 17. Os orzamentos aprobáronse cos únicos votos favorables do PP. Unha convocatoria de todas as forzas sindicais rodeou o Parlamento durante o proceso de aprobación para demostrar o rexeitamento de todos/as as/os traballadoras/es.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os orzamentos que se aprobaron o día 17 precarizarán, aínda máis, as condicións laborais, sociais e salariais dos traballadores e traballadoras da administración pública galega, agravarán, aínda máis, a xa grave crise económica na que, entre outros, os que aprobaron estes orzamentos nos meteron e serán os impulsores da desaparición e privatización dos servizos públicos que vaian quedando.
 
Como xa dixemos no Claustro, o feito de lexislar unha taxa de reposición de cero no que atinxe ao PAS da universidade fai que cada día sexa máis difícil a realización do noso servizo á comunidade, incrementando a sobrecarga de traballo, coa finalidade de facelo inviable para proceder á privatización.
 
Queremos e pelexamos por uns servizos públicos de calidade, por uns postos de traballo con condicións laborais, económicas e sociais dignas, esiximos que nos devolvan o roubado!

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript