Decembro de 2013
 
 

23/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  REPRESIÓN
 

O Estado Español reforza unidades antidisturbios para frear o auxe da protesta social

As numerosas protestas no Estado Español froito da imposición de medidas capitalistas fixeron que o Goberno de Mariano Rajoy estea a fortalecer as unidades antidisturbios coa compra de camións de auga a presión, un sistema utilizado nos últimos anos da ditadura franquista.

 

  • Noticias relacionadas

 

Esta noticia deuse a coñecer o luns pasadopolo Ministerio do Interior, horas despois de que unha protesta antigobernamental finalizase con 23 feridos e 6 detencións en Madrid.
 
Mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE), sacouse a concurso a compra dun camión antidisturbios, por valor máximo de 493.680 euros.
 
Este vehículo cualificado polo BOE, como "ideal para acometer o control de masas", utilízase en distintos países do mundo como Turquía, Chile ou Alemaña para reprimir as manifestacións.
 
As fontes policiais sosteñen que a forza da orde actualmente conta con cinco deste tipo de camións, pero que son "vellos e obsoletos con escasa autonomía que rara vez se utilizaron".
 
Entre tanto, os sindicatos policiais de SUP, CEP e UFP, avisaron que os chorros de auga que se disparan por estes vehículos causan máis lesións que as pelotas de goma.
 
O presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, gastou 3,26 millóns de euros durante o ano en curso en "Material Antidisturbios e Equipamentos Específicos de Protección e Defensa" para a Policía Nacional e a Garda Civil, é dicir, 20 veces máis que en 2012.
 
Hispan TV

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript