Decembro de 2013
 
 

23/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Análise do orzamento UDC 2014

Nos orzamentos do ano 2014 non só nos recortan a acción social, tamén nos recortan algo tan importante como é a mellora da profesionalización do persoal da UDC reducindo os orzamentos en formación (xa de por si moi pequenos) mentres a formación do PDI resentirase en moita menor medida pois principalmente diríxese a través do CUFIE e, de non mudar a proposta da Universidade na acción social do PDI os recortes serán tamén mínimos.

 

  • Noticias relacionadas

 

O recorte orzamentario para o ano 2014 é do 3,9% realizándose principalmente no capítulo I (3.804.811,52 €) mentres que no resto de capítulos é de 887.615,15 €. Como sempre os traballadores e traballadoras da UDC acabamos pagando a xestión interesada que dende os respectivos gobernos se ven realizando, deste xeito, actuando directamente sobre este capítulo impídese o mantemento das plantillas o que afecta directamente ao servizo. En porcentaxe o recorte do capítulo I é dun 4,3% mentres que da suma do resto de capítulos é dun 0,28%.
 
Existe un importante incremento porcentual no persoal eventual do gabinete (34,83%).
 
O recorte nas remuneracións do colectivo PAS ascende a un 4,73% (1.236.334,23 €) e no PDI dun 4,45% (2.668.706,16 €). Aínda que se vemos o dato en euros a cantidade recortada no PDI é máis do dobre da recortada no PAS porcentualmente e menor polo que o que máis sufrirá a crise é como sempre o colectivo PAS.
 
A diferenza de recortes aínda é maior se os comparamos coa altos cargos (Sr. reitor e compañía) onde o recorte é dun 3,12%
 

 

2013

2014

 

Eventuais de gabinete  (AMIGOS)

77.968,80 €

105.121,79 €

+34,83%

Complemento altos cargos (reitor e colegas)

149.297,75 €

144.641,28 €

-3,12%

PDI

60.000.599,22 €

57.331.893,06 €

-4,45%

PAS

26.153.896,17 €

24.917.561,94 €

-4,73%

 
Nuns orzamentos que suman en Capítulo I case 84 millóns de euros seguro que hai onde quitar esa ínfima parte que supoñen os cartos que evitarían o recorte na acción social,  capítulo que ten unha redución do 24,41%, seremos, neste capítulo, como sempre os/as máis afectados/as polo recorte.
 
Resumindo, tendo en conta as partidas orzamentarias,  o colectivo da UDC que máis sufrirá a  xestión interesada das institucións é como sempre o PAS.
 
Outro dato de interese é que en orzamentos de anos anteriores a acción social viña desglosada en distintos epígrafes (Acción social PAS Laboral, Acción social PAS Funcionario, Seguros – Acción social e Acción social PDI) e nestes orzamentos ven nun só epígrafe Acción social UDC. Neste capítulo agardamos unha rectificación do equipo de goberno que aínda está a tempo de realizar unha nova redistribución orzamentaria que permita subsanar este flagrante roubo.


Formación e perfeccionamento do PAS 

80.000,00 €

100.000,00 €

 

Acción social UDC 

490.000,00 €

654.045,75 €

 

Acción social PAS laboral 

 

123.062,49 €

 

Acción social PAS funcionario 

 

171.173,05 €

 

Seguros-acción social PDI

 

13.000,00 €

 

Acción social PDI 

 

346.810,21 €

 

 

 

 

 

TOTAL

570.000,00 €

754.045,75 €

-24,41%

 
En resumidas contas: CON ESTES GOBERNOS (RAJOY, FEIJOO, ARMESTO) IMOS DE CU!

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript