Decembro de 2013
 
 

23/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  OPINIÓN - Francisco González Tejera
 

Nadal de miseria e fame na España do PP

Á banda da rúa Xénova non parece importarlle o galopante aumento da pobreza no estado español. Seguen mentindo cada vez que pronuncian máis de catro palabras seguidas, como estes días a esperpéntica, ultradereitista e detestable, Esperanza Aguirre, nas súas declaracións pola mafiosa trama Gürtel, onde se limitou a dicir "non" ou non sei nada" a máis do 70% das preguntas do xuíz.

 

  • Noticias relacionadas

 

Amparados nos ditames de organizacións criminais, como a troika, o BCH ou o Fondo Monetario Internacional (FMI), dedican todos os seus esforzos a esnaquizar as vidas de millóns de familias coas súas chamadas "reformas", que non son máis que unha sanguinaria estratexia para encherse os petos, desvalixando a mans cheas todos os recursos públicos da cidadanía, privatizando a sanidade, a educación e todo o que soe a comunitario e constitucional, onde haxa diñeiriño contante e soante. A idea é quedarse con todo, saquear, apropiarse, destruír os avances sociais, os dereitos civís e laborais conseguidos nos últimos 50 anos.
 
Por moito que os medios de comunicación do putrefacto réxime español traten de ocultalo, infinidade de nenos e nenas vense desproporcionalmente afectados polos recortes nos presupostos educativos, sociais e de saúde, así como na diminución das prestacións familiares, xerando que máis de 3 millóns de menores en todo o estado estean xa no albor da indixencia, con graves problemas de nutrición, desescolarización, enfermidades e adiccións, evitables, con axeitados programas de prevención e desenvolvemento comunitario.
 
Esta é a España de Euroveigas, da Olimpíada de Madrid, das visitas millonarias do Papa, do aeroporto sen avións de Castelló do delincuente torto Fabra, entre outros proxectos á siciliana, que se lles foderon aos capos do sobre, xa que nin os propios mafiosos queren meterse nos seus horrendos enredos por medo a ser estafados.
 
O empobrecemento progresivo do pobo da España da pandeireta, o fútbol e a prensa rosa, é consecuencia das políticas públicas aplicadas nos últimos anos, o austericidio, os salvaxes recortes, xunto a unha reforma laboral que reduciu salarios, permitindo ao empresariado despedir masivamente cando se lles antolle, ao mellor estilo dos escravistas e outros xenocidas sociais.
 
Estes novos monstros do goberno do PP dispararon o desemprego de forma espectacular, reducindo salarios, vulnerando dereitos fundamentais, aumentando a represión case como calquera ditadura fascista, reducindo gastos públicos no terreo social, moi especialmente nas transferencias públicas, tales como axudas a familias desfavorecidas, anciáns/ás, a persoas con dependencia, escolas de infancia, vivendas sociais, servizos de integración para inmigrantes, servizos sociais, prevención da exclusión social, etc., unhas vergonzosas políticas que prexudican directamente ás clases populares, beneficiando aos tramposos clans empresariais, aos doadores de millóns de billetes de 500 euros en sobres marróns.
 
O Nadal inúndanos de merda, a casta política e os seus palanganeros do periodismo cortesán, brindan estes días con cava do caro, con viño español do anello, tan envellecido en barrís de cedro como a memoria do saqueo dun estado en mans de seres sen escrúpulos, que non se inmutan ante as alarmantes cifras de suicidios por razóns económicas, ante as familias que son desafiuzadas pola mafia ou pasan frío por non poder pagar a luz ou o gas, dos millóns de nenos e nenas que se quedarán sen Reis un ano máis, grazas a esta chusma das garabatiñas de cores, coches oficiais, xuíces amigos, brazos en alto, defensa de torturadores franquistas, pelotazos e prebendas.
 
Felicítanse na súa comellonas a cargo do erario público medio borrachos polo "ben que o fan", pisando dereitos universais sen que saiamos todos e todas ás rúas, sen que non regresemos ás nosas casas ata que se metan para sempre nos seus putrefactos tobos. Que isto estale dunha puta vez para poder construír unha nova sociedade, un novo proceso constituínte, un novo goberno por e para o pobo, onde estes delincuentes dean para sempre cos seus ósos no cárcere.
 
O desespero, o frío e a fame, a xente revolvendo entre o lixo dos colectores, alimentándose de comida caducada, anuncian novas mortes, novas miserias, máis sufrimento.
 
Ata cando o imos permitir?

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript