Decembro de 2013
 
 

23/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

O Congreso devólvenos un 'moscoso'

No último Pleno do ano (as súas señorías marchan de “merecidas” vacacións até febreiro) o Congreso aprobou este xoves, a Lei de Control da Débeda Comercial, que persegue erradicar a morosidade das administracións públicas e tamén inclúe a devolución aos traballadores e traballadoras da administración pública dun dos días de asuntos propios que se nos roubou en 2012, día libre que poderán utilizar dende a publicación da lei no Boletín Oficial do Estado (BOE), o que non se indica é si, aprobándose a lei no ano 2013 irá a cargo deste ano ou poderá ser gozado no ano 2014.

 

  • Noticias relacionadas

 

Despois de intentar desprestixiarnos ante a opinión pública, recortar de xeito intencionado para propiciar a privatización e encarecemento dos servizos básicos (véxase educación, sanidade, servizos sociais, luz, gas, teléfonos, comunicacións, etc..) intentan edulcorarnos o Nadal coa devolución dun día dos que nos roubaron. Non cola.
 
O sábado, día 21 o BOE publicou a Ley Orgánica 9/2013, de 20 de diciembre, de control de la deuda comercial en el sector público. Na Disposición adicional cuarta establece:
 
Disposición adicional cuarta.
Primero. El apartado k del artículo 48 de la Ley 7/2007, de 12 de abril, del Estatuto Básico del Empleado Público, queda con la siguiente redacción:
 
«Por asuntos particulares, cuatro días cada año».”

 
Corresponde, polo tanto, que como a Lei entra en vigor ao día seguinte da súa publicación o xerente notifique aos traballadores e traballadoras esta nova circunstancia e habilite o mecanismo para que se poida gozar xa.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript