Consumouse o roubo. O equipo de goberno e os seus satélites (algún deles cobra o plus de altos cargos) aprobaron uns orzamentos que, como vos informamos, repercutirán de xeito especialmente negativo no colectivo de PAS da Universidade. As moitas traballadoras e traballadores concentradas no andar onde se realizou a reunión non fixeron que mudara unha decisión xa tomada. Pola tarde e sen a asistencia dos representantes dos sindicatos (CIG, CCOO e UGT) o Consello Social limitouse a ratificar o recorte, 14 votos a favor, 2 en contra (a representación do PAS e alumnos) deron punto e final ao proceso.
Nos orzamentos do ano 2014 non só nos recortan a acción social, tamén nos recortan algo tan importante como é a mellora da profesionalización do persoal da UDC reducindo os orzamentos en formación (xa de por si moi pequenos) mentres a formación do PDI resentirase en moita menor medida pois principalmente diríxese a través do CUFIE e, de prosperar a proposta da Universidade na acción social do PDI os recortes serán tamén mínimos.
Está a piques de rematar o ano e toca aprobar os orzamentos do 2014, a Xunta fíxoo o martes, día 17. Os orzamentos aprobados, cos únicos votos favorables do PP. Unha convocatoria de todas as forzas sindicais rodeou o Parlamento durante o proceso de aprobación para demostrar o rexeitamento de todos/as as/os traballadoras/es.
A Inspección Laboral da Coruña dálles a razón ás Asembleas de Profesorado Colaborador dos CELGA e sanciona á Consellería de Educación obrigándoa ao abono dos adebedamentos coa Seguridade Social pola falta de alta laboral das traballadoras e traballadores do colectivo.
Nestes días onde estivo a punto de concretarse un novo atraco-estafa das grandes corporacións da electricidade contra a cidadanía, o documentario que achegamos está de actualidade, para entender o que está pasando co "Recibo da Luz".
Un total de dúas persoas foron detidas durante a mobilización convocada dende o movemento 15-M e a Asociación de Afectados pola Hipoteca (PAH) para paralizar o desafiuzamento dunha anciá no número nove da rúa Manzanares, na barriada do Carmen de Sevilla capital.
Leo en á revista francesa Alternatives Economiques (nº330, decembro 2103) que a empresa de confección sueca H&M, que tiña localizada a súa produción en Asia para aforrar custos salariais, vai trasladar un 80% de toda ela a Etiopía. Ao parecer, os 300 euros mensuais que paga aos traballadores chineses resúltanlles un soldo excesivo. Dende logo, moito máis que os 50 euros mensuais que se pagan en Blangladesh ou os 45 mensuais que H&M pagará en Adis Abeba tendo, ademais, mesmo menos limitacións legais e dereitos laborais que respectar.
As numerosas protestas no Estado Español froito da imposición de medidas capitalistas fixeron que o Goberno de Mariano Rajoy estea a fortalecer as unidades antidisturbios coa compra de camións de auga a presión, un sistema utilizado nos últimos anos da ditadura franquista.
Á banda da rúa Xénova non parece importarlle o galopante aumento da pobreza no estado español. Seguen mentindo cada vez que pronuncian máis de catro palabras seguidas, como estes días a esperpéntica, ultradereitista e detestable, Esperanza Aguirre, nas súas declaracións pola mafiosa trama Gürtel, onde se limitou a dicir "non" ou non sei nada" a máis do 70% das preguntas do xuíz.
Eu este inverno non acenderei a calefacción, racionarei a auga quente e deitareime cedo. Non, o meu non é un caso máis de pobreza enerxética: todo o que aforre en luz o penso investir en comprar unhas poucas accións das compañías eléctricas. Pero de que "pobreza enerxética" estamos a falar? Se falamos de enerxía, eu só vexo riqueza, e moita: poucas cousas hai en España que xeren tantos beneficios como a luz
Real Decreto-ley 16/2013, de 20 de diciembre, de medidas para favorecer la contratación estable y mejorar la empleabilidad de los trabajadores.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript