23/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

O sr. reitor succiona os nosos dereitos
A suposta progresía do equipo de goberno dilúese como o azucre no café, pouco a pouco vai succionando os nosos dereitos como calquera goberno contra os que nos mobilizamos de xeito permanente. O sr. Armesto entrou xa na vórtice de que, sen pensar sequera alternativa, saca do noso peto os cartos que sen ningún recato traspasa par outras partidas que considera máis “importantes”. A comparativa coas outras universidades galegas cada día é máis vergoñenta, incluso coa que, de xeito cotián, se nos indica que está moito peor. Non fixemos nada contra a redución en acción social que se nos fixo nos orzamentos do 2013, aceptamos a desaparición da partida para o programa de vacacións para o PAS, faltaría máis, se non hai para cousas importantes non pode haber para “festas”. O goberno da universidade, no canto de reflexionar e decatarse da mostra de responsabilidade realizada polo PAS, ao, de xeito voluntario, apertarse o cinto, colleu carreiriña e agora, como fan os outros gobernos mete a man de xeito constante nos nosos petos. Non importa que se dilapiden miles de euros no ilegal e ilexítimo plus de altos cargos, nin que dicir ten que non pensan meter man no malgasto xeneralizado, para qué se xa saben de onde poden sacar. Se lles deixamos facer seguirán facéndoo.

 

Acabouse o creto do Reitor
Isto funciona como nos bancos, o sr. Reitor partía co xa escaso creto da súa pertenza á esfera da esquerda social, iso parecía que lle outorgaba un certo aval que a moitas traballadoras e traballadores proporcionaba a seguridade de que os seus dereitos non ían ser pisado. O espellismo deu paso á realidade, o sr. Reitor, cando se sente minimamente presionado polas circunstancias económicas toma partido e para defender os intereses dos de sempre non lle treme a man cando a mete nos nosos petos para roubarnos parte do que tiñamos, o malo, para o Reitor é que de tanto meternos a man no bolso somos moi sensibles ao movemento e reaccionamos rapidamente. Outra cousa que sabe, ou ten que saber o sr. Reitor é que o PAS ten memoria e estas cousas non as esquece.

A relixión
"A relixión é o primeiro obstáculo contra o avance da muller. As relixións atrasan ao ser humano, van en contra da ciencia e o progreso. As relixións envolven as persoas co medo ao sobrenatural. Prohíbelles que rían e non lles permite que exerciten o seu dereito a tomar decisións". Taslima Nasrin (médica bengalí e escritora feminista que se describe a si mesma como humanista secular, despois de recibir máis de 25 premios internacionais)
. "Canto máis intensa foi a relixión en calquera período e máis profunda a crenza dogmática, tanto maior foi a crueldade e peor o estado dos negocios públicos. " Bertrand Russell (filósofo, matemático, lóxico e escritor británico gañador do Premio Nobel en 1950)
. "A historia non nos mostra ningún exemplo de pobo|vila alguno manexado polo clero que tivese un goberno civil e libre. " Thomas Jefferson (terceiro presidente dos Estados Unidos de América e un dos Pais Fundadores da Nación)

Lei de aborto
Nós parimos, nós decidimos (de novo). Sóalles vello? Éo. Pero en España é tamén actual grazas a un tipo intelixente, ben parecido, brillante, ministro de Xustiza: Gallardón que quixo modificar a lei para volver penalizar o aborto como se facía por aqueles afastados anos. A diferenza é que antes para ben ou para mal estes temas interesaban, agora só son unha cortina de fume, botada sobre unha cortina de detrito (se iso é fisicamente posible). "A historia repítese dúas veces, a primeira como traxedia, a segunda como farsa,"

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript