23/12/2013
CUTUDC / Novidades
O mércores pasado o xerente reuniuse cos representantes do PAS funcionario coa finalidade de tratar sobre a proposta que fixo o noso sindicato para proceder á asignación temporal de funcións ás compañeiras e compañeiros que están, ou puidesen estar, a desenvolver traballos de superior categoría ao formar parte das listas de agarda.
Na reunión todos
consideraron que, posto que no proceso de
funcionarización só se contampla, de xeito xeral,
a asignación de cada categoría a un só grupo, e ser
unha condición sine qua non para o nomeamento en
comisión de servizo a pertenza ao mesmo
grupo e intervalo de nivel. A única solución sería
a aplicación desta figura.
APA e CSIF consideran que é a única figura legal
que pode solucionar este problema para que os
compañeiros que se funcionaricen segundo o acordo
de funcionarización poidan ocupar estes postos sen
ter que recorrer a persoal alleo. Pero tamén
sinalan que é imprescindible que informe, ou polo
menos participe neste debate o Comité de Empresa,
polo seu maior coñecemento deste asunto. O xerente
di que lles pideu informe pero que aínda non o
recibiu.
A CIG mostrouse contraria a esta solución porque
consideran que o que procede é a modificación
puntual da RPT. Consideran que de aplicarse esta
figura proposta, daría lugar á outras reclamacións,
como pode ser do persoal de bibliotecas pois no
colectivo de Biblioteca danse circunstancias
semellantes sen que se aplicase nunca esta
posibilidade o que ao seu entender pode dar orixe
unha situación discriminatoria.
O xerente indica que aceptaría a proposta sempre
que fose apoiada por todos os sindicatos da Xunta
de Persoal, ao non concorrer esa circunstancia
entende que non se pode levar a efecto.
APA, CSIF e UGT consideran que aínda que toda a
Xunta de Persoal non estea de acordo a Xerencia
pode aplícalo igualmente xa que despois de que os
traballadores alleos á institución tomen posesión
aínda sendo de xeito interino das prazas, non hai
marcha atrás.
O xerente insiste en que se non se acorda por
unanimidade chamará a persoal externo.
Polo que coñecemos o venres día 20, o xerente
recibiu, do Comité de Empresa, o informe favorable
á proposta que realizamos.
A alternativa da CIG, preséntase como un proxecto
de realización inviable antes do día 8 de xaneiro.
Dito o dito, se non cambian as cousas, o día 8 os
compañeiros e compañeiras que veñen desenvolvendo
traballos de superior categoría volverán a ocupar
as prazas que teñen en propiedade e as de superior
categoría ocuparanse por persoal de fóra da
universidade.
Xa o sabedes!
Quen somosspan> | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript