Decembro de 2013
 
 

23/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  ABORTO
 

Gallardón condena á clandestinidade as mulleres que decidan abortar

A muller só poderá abortar se dous médicos lle dan o seu visto e prace. Ou sexa, se acreditan que o embarazo supón un perigo para a súa saúde física ou psicolóxica.

 

  • Noticias relacionadas

 

Así, o aborto desaparece como dereito e vontade exclusiva da muller nas primeiras 14 semanas e volve ao Código Penal con dúas excepcións: se o embarazo é produto dunha violación ou se supón un "grave perigo para a vida ou a saúde psíquica ou física da muller". E iso inclúe anomalías fetais incompatibles coa vida, sempre que danen psicoloxicamente a xestante. Para o primeiro caso, o límite serán 12 semanas de xestación. Para o segundo, 22.
 
O titular de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, presentou ao Consello de Ministros unha reforma que levaba anunciando dous anos e que modifica fundamentalmente a socialista de 2010 en canto á interpretación do aborto: a lei Aído contemplábao como un dereito e a lei Gallardón como unha despenalización en dous supostos. Ou sexa, algo parecido á de 1985.
 
O primeiro cambio vén no nome, toda unha declaración de principios. E de finais. A norma socialista de 2010 chamábase de Lei de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo e a norma popular de hoxe chámase Lei de Protección da vida do concibido e de dereitos da embarazada.
 
Rexeitamos completamente esta nova lei que, sumada ao resto de recortes en políticas sociais e dereitos laborais, van provocar unha verdadeira regresión na calidade de vida das mulleres traballadoras condenadas a concibir cantos fillos "deus mande", e a se facer cargo do mal chamado traballo doméstico que carga sobre os seus ombreiros o custe da reprodución social do sistema.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript