Decembro de 2013
 
 

23/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  STOP DESAFIUZAMENTOS
 

Sevilla: Unha persoa ferida e dúas detidas por violenta acción policíal nun #StopDesahucios dunha anciá enferma

Un total de dúas persoas foron detidas durante a mobilización convocada dende o movemento 15-M e a Asociación de Afectados pola Hipoteca (PAH) para paralizar o desafiuzamento dunha anciá no número nove da rúa Manzanares, na barriada do Carmen de Sevilla capital.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Fontes do 15-M aseguraron que a mobilización se convocara ás 9 horas para intentar frear o desafiuzamento dunha anciá de 85 anos de idade que sofre Alzheimer, e que chegaron a concentrar "ata un centenar de persoas" en apoio a esta causa que terían conseguido, segundo se indica, frear polo momento o desaloxo. Así, defenden que o que se pedía era que esta muller "non fóra á rúa, senón que fose recollida por un centro de anciáns, algo que non se conseguiu ata agora,".
 
Ata a zona desprazáronse unha quincena de policías nacionais, "con actitude dialogante e cos que se acordou non intervir ata que un médico forense certificase a situación na que esta muller se encontra". "Pero nun determinado momento, non se sabe moi ben por que, fixeron como unha pequena carga e entraron no bloque, pero non no piso, que estaba bloqueado por dentro, polo que nin o cerralleiro puido abrir a porta. Os policías e os axentes xudiciais marcharon sobre as 13 horas", detallan.
 
No transcurso da mobilización resultaron detidas dúas persoas, entre elas o "interlocutor" coa Policía durante a concentración. Durante o forcexo entre manifestantes e policías rompeu unha porta e unha muller tivo que ser trasladada en ambulancia. Tamén, as mesmas fontes sinalaron que se identificou arredor de media ducia de persoas máis.

 

 


 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript