Decembro de 2013
 
 

23/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  DOCUMENTARIO DE INTERESE
 

Oligopoly: o xogo da enerxía

Nestes días onde estivo a punto de concretarse un novo atraco-estafa das grandes corporacións da electricidade contra a cidadanía, o documentario que achegamos está de actualidade, para entender o que está pasando co "Recibo da Luz".

 

  • Noticias relacionadas

 

Hai pouco máis dun ano, o Domigo 18 de Novembro de 2012, o programa de reportaxes de 'La Sexta' conducido por Jordi Évole dedicaba a reportaxe dese domingo, ao funcionamento do mercado enerxético no, polo de agora, Reino España.
 
O programa que tivo moito suceso e polémica, polas presións ao que foi sometido polas grandes corporación eléctricas, está feito dun xeito moi comprensíbel, onde descubrimos os "segredos" da  factura da luz, algo incomprensíbel para a maioría.
 
A estafa do oligopolio que forman as grandes empresas que controlan os mercados da produción e o da comercialización queda ao descuberto.
 
Unha explicación de pouco menos dunha hora que paga a pena parar-se a ver e escoitar.

 

 

 

 
 

 
http://artabra21.blogspot.com.es/2013/12/oligopoly-o-xogo-da-enerxia.html



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript