Decembro de 2013
 
 

23/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  EXPLOTACIÓN LABORAL - Juan Torres López
 

Ata os salarios de China parécenlles elevados

Leo en á revista francesa Alternatives Economiques (nº330, decembro 2103) que a empresa de confección sueca H&M, que tiña localizada a súa produción en Asia para aforrar custos salariais, vai trasladar un 80% de toda ela a Etiopía. Ao parecer, os 300 euros mensuais que paga aos traballadores chineses resúltanlles un soldo excesivo. Dende logo, moito máis que os 50 euros mensuais que se pagan en Blangladesh ou os 45 mensuais que H&M pagará en Adis Abeba tendo, ademais, mesmo menos limitacións legais e dereitos laborais que respectar.

 

  • Noticias relacionadas

 

É o capitalismo dos nosos días. E algúns aínda se alegran cando nos din que en España imos polo bo camiño porque podemos converternos na China de Europa.
 
Por certo, isto é o que di a publicidade do Nadal de H&M: teño regalos, comodidade, alegría, todo o que ti, a túa familia e amigos podedes desexar... No sei que pensarán os seus traballadores etíopes... se a visen, claro.
 
Os escravos chineses están a deixar de ser produtivos para o capital, 300 euros ao mes é unha aberración para as millonarias cabezas pensantes das multinacionais que xa encontraron un país con salarios máis infrahumanos que os asiáticos como é Etiopía, onde seguramente terán unha normativa ambiental aínda máis laxa para desgraza de quen teña que vivir preto destas fábricas as próximas xeracións.
 
En 5 anos os etíopes cobrarán 80 euros ao mes e levaranse de novo as fábricas a outro país cun nivel de escravismo aínda máis extremo e máis inmoral se é posible.
 
Viva a globalización.
 
BurbuJa

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript