Decembro de 2013
 
 

23/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE - VÍDEOS
 

Consello de Goberno e Consello Social aproban os orzamentos de 2014

Consumouse o roubo. O equipo de goberno e os seus satélites (algún deles cobra o plus de altos cargos) aprobaron uns orzamentos que, como vos informamos, repercutirán de xeito especialmente negativo no colectivo de PAS da Universidade. As moitas traballadoras e traballadores concentradas no andar onde se realizou a reunión non fixeron que mudara unha decisión xa tomada. Pola tarde e sen a asistencia dos representantes dos sindicatos (CIG, CCOO e UGT) o Consello Social limitouse a ratificar o recorte, 14 votos a favor, 2 en contra (a representación do PAS e alumnos) deron punto e final ao proceso.

 

  • Noticias relacionadas

  • Aínda que o xerente mostrou a súa predisposición a que, unha vez aprobado o recorte nos orzamentos podería abrirse un período de “negociación” no que se establecería, de xeito definitivo, como afectaría dito recorte a cada unha das partidas da acción social, esta circunstancia  desmentiuna o reitor, tanto na sesión do Consello de Goberno como na do Consello Social indicando que se preservaría o diñeiro destinado á gardería e o destinado á matrícula gratuíta, polo tanto a parte importante do recorte realizarase sobre o seguro médico, e as accións que non sexan as xa mencionadas. Temos que sinalar que o diñeiro destinado a formación sofre, tamén un importante recorte.
     
    O complemento de altos cargos, que non figura en ningunha partida (estará agochado entre os números do orzamento) non é o único aspecto rexeitable. No mesmo orzamento aprobado contémplase, na partida de PDI, sen ir máis lonxe,: incent. xubilación voluntaria cunha asignación de  1.070.414,00€. Como sabedes o PDI gozou, ate que foi ilegalizado, de dúas pensións de xubilación, unha pagada polo estado e outra pola UDC, aínda así, segue abonándose aos que a percibían antes de ser considerada ilegal polo Tribunal de Contas.  
    Segue, este equipo reitoral, a máxima xa utilizada polo sr. Meilán, “Aos amigos o conveniente e ao resto a lexislación vixente”.
     
    Sen ir máis lonxe, temos coñecemento de que as empresas instaladas no PARQUE TECNOLOXICO DA UDC (CITIC), entre alas algunha ben economicamente importante como ALTIA non pagan nin o papel hixiénico que utilizan. Mentres que se recorta en acción social os gastos de “protocolo” non deixan de medrar, mesmo o día 20 varios centros agasallaban con petiscos. Dende o ano 2003 gastáronse en portátiles uns 3.800.516€, dos que case 180.000€ corresponden a 2013, seguimos moi interesados en coñecer no que se gastarán os 500.000€ que a Universidade aforrará coa funcionarización do PAS laboral. Etc.etc.etc. Que saiba a Universidade que imos realizar un amplo dossier que entregaremos á prensa onde se recollerá todo o malgasto que se realiza na Universidade.
     
    Queremos que saibades que as outras universidades galegas, inmersas na mesma situación de crise (algunha en situación peor) que a UDC, non recortan en gastos sociais.
     
    O reitor e equipo xa non poden dicir que os recortes que realizan veñen impostos desde a Xunta de Galicia, tanto a decisión de recorrer a sentenza xudicial que nos devolve parte do roubado da extra de decembro de 2012 como o recorte realizado na acción social son decisións e responsabilidade do sr. Reitor.
     
    A decisión tomada polo equipo reitoral marca a  ruptura definitiva entre o equipo de Armesto e o colectivo de PAS, con esta decisión perdeu os poucos apoios que lle quedaban, e todo debido á súa teimuda política en contra dos intereses dos que menos temos.

  •  

     

     


     

     


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript