Decembro de 2013
 
 

23/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  MOBILIZACIÓN SOCIAL
 

Protestas contra os recortes sociais durante o cumio da UE en Bruxelas

Miles de persoas manifestáronse na capital belga, Bruxelas, para esixir que os líderes da Unión Europea (UE), reunidos nesta cidade, poñan fin aos recortes sociais, que ocasionaron un desemprego masivo e unha crecente crise social no vello continente.

 

  • Noticias relacionadas

 

Este xoves, os manifestantes utilizaron tractores para bloquear as rúas principais da capital, en especial, as que conducen á zona onde se encontra a sede do cumio da UE.
 
Uns 10.000 manifestantes congregáronse en torno á zona de Schuman, onde se reúnen os xefes de Estado e de Goberno da UE, durante o xoves e venres.
 
Os manifestantes pertencen a 50 grupos de cidadáns e organizacións laborais que se uniron baixo o lema "Alianza D19 -20" (en referencia ás datas do cumio).
 
As medidas neoliberais, promovidas por Alemaña e outros países do norte de Europa, resultan profundamente impopulares e son consideradas como contraproducentes noutras partes da eurozona, sobre todo en España e Grecia, que están a loitar con taxas moi altas de desemprego.
 
Os manifestantes tamén mostraron o seu rexeitamento a un tratado de libre comercio entre Estados Unidos e a UE que, actualmente, se está a negociar en Washington, ao considerar que as conversacións se levan a cabo en segredo e sen o consentimento xeral.
 
Durante o cumio de dous días, os líderes europeos discutiron as directrices económicas e formularán unha política común de defensa para intervir militarmente noutros países.
 
Hispan TV

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript