Decembro de 2013
 
 

16/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

Réquiem polos traballadores públicos

Recollendo datos do INE vemos como foron eliminando postos de traballo nas diferentes áreas, entre elas fixámonos no sistema sanitario e a docencia non universitaria. Os datos refírense ó estado español, sendo o caso galego aínda máis sangrante.

 

  • Noticias relacionadas

 

No chamado “Sistema Nacional de Salud” entre xaneiro do 2009 e xaneiro do 2012, tres anos, foron aumentado o número de empregos, pasou de 484.724 a 505.185, é dicir, 20.461 máis dos que había. A partir de xaneiro do 2012 a Xulio do 2013, elimináronse 13.937 empregos.
 
Claro que isto debe ser debido a que a poboación ten mellorado a súa saúde e non necesita tantos servizos como antes. Ou quizás sexa debido a que ca intención de mellorar cada vez máis nosa sanidade o goberno haxa optado polas entidades privadas que, como todo o mundo sabe, xestionan moito mellor calquera cousa pública.
 
Respecto da Docencia non Universitaria, temos que desde xaneiro do 2012 a xullo do 2013 diminuíron en 22.583 persoas.
 
Tamén isto pode ter unha explicación lóxica, como todas as que o goberno de quenda nos expón, e será porque quizás non nacen tantos nenos como antes e as escolas baléiranse, tamén pode ser que metan a máis alumnos por clase para facer rendible a educación, ou como nos dicen, é máis efectiva a xestión das escolas privadas que, ademais, discriminan por sexo, perdón, que palabra máis fea iso de discriminan e sexo, non, separan ós nenos das nenas, por que como se sabe, cientificamente, os nenos son moito máis salvaxes que as nenas e non hai que mesturalos.
 
Ó final trátase de mellorar tanto o sistema de saúde como o da educación creando así iniciativas empresariais que redundan, con noso diñeiro, na creación de empregos que haxa cada vez máis ricos e máis pobres, máis de todo, en beneficio do país.
 
Perdoade polos sarcasmos, pero ou tomamos isto a brincadeira ou facemos a Revolución.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript