Decembro de 2013
 
 

16/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  OPINIÓN - Carlos Martínez
 

A policía privada ou o pistolerismo patronal: outra antesala da ditadura que a dereita nos impón

Cando a patronal española se viu ameazada nos anos vinte do século pasado, -o século XX-, a causa das loitas obreiras, en especial en Cataluña, xurdiu o pistolerismo patronal.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os pistoleiros do chamado Sindicato Libre, que protexeu o xefe de policía de Barcelona e logo Gobernador Civil de Cataluña Martínez Anido que posteriormente foi responsable de interior con Franco e un digno antecesor do Ministro do Interior do PP Sr. Fernández, pois en versión do século XXI e cal renovado Martínez Anido legaliza que os seguratas pasen a ser policías privados ao servizo dos ricos, os centros comerciais privados e as grandes empresas. É dicir a versión contemporánea do Sindicato Libre patronal.
 
A ascensión de persoas con pouca ou nula formación policial, aspecto en moitas ocasións chulo e policías frustrados moitos deles dotándoos de atribucións para as que non están preparados, nin adestrados, é algo prexudicial mesmo para os traballadores do sector. Eles non son os culpables, pero a filosofía gobernamental e grande empresarial de dotarse de pistoleiros privados, dun exército privado que responda exclusivamente a ordes de empresarios privados en defensa dos seus intereses que ademais poidan reprimir persoas que exercen os seus dereitos laborais, sindicais e de manifestación é unha mostra do fascismo profundo e "privado" da dereita española, é unha manifestación do autoritario que resulta o liberalismo extremo.
 
Como nos anos vinte do século pasado, estes pistoleiros privados legalizados, poden ser a antesala da Ditadura, tal e como aconteceu ao dar en Barcelona Primo de Ribeira o seu golpe de Estado e así protexer axeitadamente aos seus "seguratas" da época, pechar os sindicatos e prohibir os partidos políticos, republicanos e de esquerdas, claro.
 
Non estamos pois ante unha mera privatización da seguridade. Non. Estamos ante a aparición dun sector empresarial de "contratistas" de seguridade privada como en Iraq ou Afganistán que a custa do erario público amasaron inmensas fortunas. É a creación de forzas armadas privadas e que responderán só ante os seus amos. É a implementación lenta e continuada dunha ditadura no Reino de España. É a paranoia liberal do PP e os seus aliados dereitistas, pero tamén é a aparición doutro gran nicho de negocio en favor de empresas do sector, moitas das cales por certo, están en mans de personaxes da extrema dereita como reiteradamente se denunciou.
 
Socialismo ou Barbarie
www.portuarioenexcedencia.com

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript