Decembro de 2013
 
 

16/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

Esiximos a devolución do roubado

Estremadura e Castela e León anunciaron que devolverían aos traballadores e traballadoras das súas respectivas administracións públicas a paga extra de 2012. Non lle faltou tempo ao goberno do estado a reaccionar, a pesares de que presumen do ben que van as cousas, de que xa saímos do túnel, queren que esa saída se produza a costa dos nosos salarios.

 

  • Noticias relacionadas

 

O secretario de estado de administracións públicas, o “amigo” Antonio Beteta ven de anunciar a decisión de acudir ao Tribunal Constitucional se a decisión anunciada por estas comunicades autónomas se leva a efecto e, avisa ao resto de comunidades e concellos de que procederá do mesmo xeito se intentan realizar algo similar.
 
Desde Zapatero levou a efecto o primeiro recorte, os nosos salarios non deixan de minguar. Esiximos a devolución do roubado, Non aceptamos ser os paganos da crise. Temos que facer que se nos respecte non podemos quedar impasibles mentres que se nos recortan dereitos económicos laborais e sociais.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript