Decembro de 2013
 
 

16/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  NON É CRISE, É ESTAFA
 

A débeda pública marca outro récord e sobe ao 93,4% do PIB

O goberno transformou a débeda privada en pública, os “rescates”, as “axudas” empresariais… provocan que a débeda non deixe de medrar. Coñecemos agora que a débeda do conxunto das administracións públicas alcanzou unha nova marca no terceiro trimestre do ano ao sumar 954.863 millóns de euros, o que supón xa o 93,4% do PIB e un incremento do 1,2% en relación co trimestre anterior, segundo os datos do Banco de España.

 

  • Noticias relacionadas

 

Deste modo, a débeda pública achégase ao obxectivo para o conxunto do ano do 94,2% que fixou o Goberno na última revisión das súas previsións macroeconómicas. En comparación co mesmo trimestre do ano anterior, a débeda subiu un 16,7% no terceiro trimestre.
 
Dende 2008, coincidindo co inicio da crise, a débeda do Reino de España non deixou de crecer ano tras ano e dende entón tense máis que duplicado, pasando dos 436.984 millóns de euros (o 40% do PIB) os 954.863 millóns ao peche de setembro (o 93,4% do PIB).
 
Ao analizar a débeda global, vese que entre xullo e setembro aumentou no caso do Estado e as comunidades autónomas, mentres que se mantivo estable na Seguridade Social e baixou nas corporacións locais.
 
En concreto, a débeda do Estado marcou tamén unha nova marca e situouse en 831.327 millóns, o 81,3% do PIB. En comparación co trimestre anterior, a débeda estatal subiu un 1,5%, pero ao comparar co mesmo período do 2012 obsérvase un incremento do 19,5%.
 
A Seguridade Social, pola súa banda, rexistrou unha débeda de 17.190 millóns entre xullo e setembro, case a mesma cifra que tres meses antes e que no mesmo trimestre do ano pasado, mentres que as corporacións locais rexistraron unha débeda de 41.765 millóns, o 4,1% do PIB. A cifra supón unha redución do 3,2% respecto ao trimestre anterior e do 4,6% nun ano.
 
Finalmente, o endebedamento das comunidades autónomas alcanzou os 196.957 millóns de euros, o 19,3% do PIB. A cifra autonómica supón un aumento do 1,5% en comparación coa rexistrada entre abril e xuño e do 17% se se compara co terceiro trimestre de 2012.
 
Na desagregación por comunidades autónomas, Cataluña, Comunidade Valenciana, Madrid e Andalucía concentran a maior parte do endebedamento dos gobernos autonómicos, co 64,8% do total. Así, a débeda de Cataluña alcanza os 53.665 millóns de euros, seguida da Comunidade Valenciana, con 29.643 millóns de euros; Madrid, con 22.459 millóns de euros, e Andalucía, con 22.020 millóns.
 
A continuación figuran Castela-A Mancha (10.308 millóns de euros), Galicia (9.106 millóns de euros), País Vasco (8.174 millóns), Castela e León (8.108 millóns), Illas Baleares (6.326 millóns) e Aragón (5.306 millóns).
 
Pecha a táboa Canarias (4.993 millóns), Murcia (4.971 millóns), Navarra (3.276 millóns), Asturias (2.791 millóns), Estremadura (2.544 millóns), Cantabria (2.139 millóns) e La Rioxa (1.128 millóns).
 
Todas as comunidades elevaron o seu endebedamento no terceiro trimestre do ano en comparación co segundo, salvo catro que conseguiron reducilo: Castela-A Mancha, Galicia, Madrid e País Vasco.
 
Axencias

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript