Decembro de 2013
 
 

16/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  CRISE - INTERNACIONAL
 

Sete millóns de británicos na pobreza a pesar de ter emprego

Ao redor de sete millóns de cidadáns do Reino Unido viven na pobreza a pesar de posuír emprego, revelou un estudo da Fundación Joseph Rowntree, organización promotora de investigacións de carácter social.

 

  • Noticias relacionadas

 

Segundo o informe, o número de británicos pobres que traballan supera á suma dos desempregados e xubilados sen recursos para cubrir as súas necesidades básicas, fenómeno nunca antes presenciado polos especialistas.
 
Julia Unwin, directora executiva da entidade, manifestou que o esforzo no cumprimento da xornada laboral non é unha garantía de mellora para moitos británicos. Así mesmo, resaltou que os baixos salarios e a falta de protección brindada aos individuos polas institucións empregadoras son algunhas das causas fundamentais da situación existente.
 
A noticia destaca, ademais, o incremento da inestabilidade laboral nos últimos tempos, o que inflúe na diminución dos estándares de vida da poboación do Reino Unido.
 
A semana pasada, a axencia de estatísticas Eurostat advertiu sobre a existencia de 125 millóns de persoas en risco de pobreza ou exclusión social nas nacións membros da Unión Europea.
 
Malia que reducir eses índices é un dos obxectivos fundamentais da estratexia do bloque comunitario para 2020, os datos ofrecidos por Eurostat mostran un crecemento do número de pobres nun 1,4 por cento con respecto a 2008.
 
PRENSA LATINA

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript