Decembro de 2013
 
 

16/12/2013

   CUTUDC / Novidades

  CRISE - INTERNACIONAL
 

A un de cada cinco gregos cústalle conseguir produtos básicos

A Oficina de Estatística grega Elstat publicou este venres uns datos que revelan que o 19,5 por cento dos cidadáns tiveron dificultades para conseguir alimentos durante 2012, o que representou un aumento do 4 por cento respecto a 2011.

 

  • Noticias relacionadas

 

Segundo esta cifra, un de cada cinco gregos tiña dificultades para conseguir polo menos catro de nove dos produtos que se consideran da cesta básica, entre os que se encontran comida como carne, peixe, verduras; pago da calefacción, vacacións, compra de produtos duradeiros, entre outros.
 
A poboación que máis problemas tivo para conseguir estes títulos foron a comprendida entre os 18 a 59 anos de idade, con estudos primarios, que representa o 34,7 por cento do total da poboación do país.
 
Sumado a isto, os gregos presentaron grandes dificultades para afrontar os pagos de servizos como o gas, a gasolina e a electricidade.
 
En resumo, o 34,6 por cento da poboación en Grecia vivía en 2012 en risco de pobreza ou exclusión social, o que representa un incremento en comparación con 2011 cando a porcentaxe era do 31 por cento.
 
Do 34,6 por cento, un 47,6 era xente que vivía por debaixo do albor de pobreza, mentres que o 20,8 por cento é poboación non pobre.
 
Pola súa banda, o Instituto do Traballo de Grecia revelou o pasado setembro que os gregos reduciron o seu poder adquisitivo en 41.000 millóns de euros (case 56.500 millóns de dólares) dende que entraron en vigor as medidas capitalistas da Troika (FMI+Banco Central Europeo+Comisión Europea).
 
As previsións para 2014 non son mellores, pois, segundo este informe, o poder adquisitivo dos gregos no próximo ano situarase na metade do que era antes da crise.
 
Ademais, na actualidade, hai uns tres millóns de cidadáns neste país, en torno ao 30 por cento da poboación, que están sen cobertura médica por encontrarse no paro ou estar en débeda coa Seguridade Social durante máis dun ano.
 
Telesur

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript